18.2.23

ENTROIDO 2023

 Este Entroido 2023 empezou, coma sempre, cos mandadiños de Manolo, que unha vez máis nos acompañou nestas troulas e os de segundo participamos en todo. 

Despois chegou o desfile pola vila, pasando pola Galera, Lombardero, Fonte do Pilón, Praza Real, Praza de España, Saavedra Meneses, Peirao e o Pavillón, onde chegamos para facer a actuación. No percorrido, as familias gozaron vendo a nenos e nenas polas rúas cos seus disfraces tan bonitos.

A actuación foi todo un éxito!!! O tema de María Fumaça co seu Xiqui, Xoque, Fí, Fíu, encheu o pavillón de entusiasmo e ritmo e nenas e nenos de 1º e 2º demostraron o traballo de ensaios de moitos días que deron os seus froitos. 

Xa queda para o recordo de todos e para a historia do noso querido colexio, este día en que partiu un tren para percorrer vales e montañas e chegar a esa estación onde podemos soñar e cantar. 

Bo Entroido!!!




                                        




                  





               
















2.2.23

PREPARANDO O ENTROIDO 2023: 2ºB DISFRACE DE MAPACHE

  Estimadas Familias:

Aquí  vos deixo uns vídeos que vos poden servir como guía para o maquillaxe de mapache, se ben podedes simplificalo segundo vos pareza. Igualmente os da cola por se queredes engadila e darlle máis realismo ao disfrace.

Tamén vos comparto a música do baile e a letra, para que nenos e nenas vaian practicando estes días.

Grazas pola vosa colaboración!

1.2.23

DÍA DA PAZ 2023 2º DE PRIMARIA

 Para celebrar o día da Paz 2023, que como ben sabedes levouse a cabo o pasado 30 de xaneiro, os nenos e nenas de segundo realizamos diversas actividades. 

En primeiro lugar investigamos sobre os distintos idiomas nos que se di a palabra paz e en que países se falaban ditas linguas. No caso de 2ºA tocounos a palabra "FRIEDEN" que está en alemán, idioma oficial de Alemania e doutros países de Europa. Por outra banda a 2ºB tocounos a palabra "PAZ", dita verba pode escribirse dese xeito tanto en castelán como en portugués, idiomas que se empregan en América Central e América do Sur.

A continuación dedicámonos a poñerlle cor un corazón cuxo fondo estaba formado polas palabras que se nos asignaron. Cos nosos corazóns e cos de todo o colexio, as mestras do primeiro ciclo fixeron un corazón xigante.

Por último, entre todo o colexio fixemos un pequeno baile coa canción "Eu teño alguen no meu corazón" de María Fumaça para festexar este día.

PASÁMOLO XENIAL!!!