Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da Natureza 1º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias da Natureza 1º. Mostrar todas las entradas

7.6.20

TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 3ª PARTE

A Tarefa Competencial que imos traballar neste tema é: "A auga é un ben prezado é fráxil" que ten como finalidade facer reflexionar ao alumnado sobre o consumo da auga e a necesidade de non malgastala.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
-Lectura: "Para que usamos a auga?", esta actividade podela contestar oralmente, e "Protexamos a auga!".

Vocabulario
  • Billa: grifo
- Ademais dos usos da auga que pon na lámina, di para que máis se pode usar?

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
-Le os fragmentos deste suceso que están desordenados.
1.- A continuación cópiaas no teu caderno de forma ordenada seguindo a orde das viñetas.

2.- Observa a lámina e completa no teu caderno a actividade de abaixo con estas palabras: soleado, longa, azul, de cores, riquísimo.

-A ringleira de formigas é _____________________
-Hai moitas bolboretas________________________
-As abellas fan un mel________________________
-O día está_____________ e o ceo______________

3.- Facer a ficha que tedes fotocopiada, correspondente ao Tema 11: ficha AV.



4.- Ditado

-A profesora observa como aprendemos.
-O iogur está azucrado.

Vocabulario
  • Observa: mira.
  • Azucrado: doce (dulce).
EXPRESIÓN ORAL
-Resolve oralmente as seguintes actividades:

1.- Completa.
-As plantas toman o alimento polas____________
-As plantas respiran polas___________________

2.- Di que parte da planta son os seguintes debuxos.

3.- Observa e explica porque o carballo é unha árbore.
4.- Debuxa no caderno as árbores e complétaas segundo a estación do ano que se indica. 


 VÍDEOS:
Vídeos sobre utilidades e curiosidades das plantas.



Vídeos sobre o tempo atmosférico e a diferencia entre tempo e clima.



31.5.20

TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 2ª PARTE

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura do conto: "A pega e o lobo". 

Na fraga do Vicaño, Na pola máis alta do grande carballo tiñan o seu niño unha pega e as sete peguiñas. Alí vivían felices ata que un día chegou un lobo grande coma un mundo e máis malo có demo. E como o lobo cheirara as peguiñas, achegouse onda o carballo e berrou con todas as forzas:
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
Así ouveou o malvado lobo mentres abaneaba a árbore con toda a súa forza, ata que a pega moi asustada botoulle unha peguiña que o lobo papou dun bocado antes de que caera ao chan e logo marchou para a súa cova.
Pero ao día seguinte o conto volveuse a repetir.
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas, miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
E así cada día ata que no niño só quedaba unha peguiña.
Pero naquela ocasión cando o lobo volveu a fraga, de detrás do carballo saíu o leñador que o estaba agardando cun caxato na man e que bateu no lombo e no bandullo do animal ata que saíron para fora as peguiñas que marcharon voando para o seu niño, e o lobo doente liscou a todo correr e nunca máis voltou polo Vicaño.

-Vocabulario:
  • Pega: urraca (pájaro).
  • Fraga: Monte con moita vexetación.
  • Carballo: roble (árbol).
  • Niño: nido.
  • Demo: demonio.
  • Cheirara: había olido.
  • Achegouse: se acercó.
  • Ouveou: aulló.
  • Papou: comió.
  • Caxato: bastón
  • Lombo: espalda.
  • Bandullo: barriga.
  • Liscou: marchó.
1.- Responde oralmente as seguintes preguntas.
-Como se chama a árbore onde ten o niño a pega?
-Como era o lobo?
-Como se chama a fraga?
-Quen saíu de detrás do carballo e que levaba na man?

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
1.- Copia e fai un debuxo do poema " A primavera xa chegou" de Abel Caballero 

A primavera xa chegou,
marcha o frío, chega o sol,
as flores van espertar
e as paisaxes debuxar.

Xa chegou, déixate levar.
Sínteo e ven gozar.

Os ríos e montes cantarán,
os días máis longos notarás,
sinte a brisa ao pasear
co seu perfuma natural.

Xa chegou, déixate levar.
Sínteo e ven gozar.

2.- Copia no teu caderno as palabras como están nas nubes e despois as relacionas.

3.- Facer as fichas que xa tedes fotocopiadas, correspondente ao Tema 11 de Xuntos: ficha R e ficha A.





4.-  Ditado.
-A princesa vivía nunha choupana.
-O cabaleiro loita co dragón.
-Na festa xuntouse toda a familia.

-Vocabulario

  • Choupana: cabana.
  • Loita: pelexa (pelea).
  • Xuntouse: reuniuse.
EXPRESIÓN ORAL
1.-Observa a seguinte lámina, onde fala sobre o tipos de plantas.

2.- Fíxate nos talos destas plantas e dí cal deles é unha arbore, un arbusto ou unha herba.

3.- Relaciona cada tipo de árbore co seu tronco.

4.-Na seguinte lámina vas aprender cales son as estacións do ano e as súas características.

5.- Le e dí oralmente cal e verdadeiro ou falso.

VÍDEOS:

Vídeos sobre as partes e os tipos de plantas.




Vídeos sobre o tempo atmósferico e as estacións do ano.


24.5.20

TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 1ª PARTE

Esta semana comezaremos o tema 11
A través das diferentes actividades, preténdese que os alumnos e as alumnas adquiran os seguintes coñecementos:

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
· Escoitar e comprender un conto de forma oral.
· Ler e escribir textos con correción e responder axeitadamente as cuestións que se propoñen.
· Memorizar o abecedario e aprender a norma ortográfica que rexe o uso de "mp" e "mb". 
· Recoñecer as plantas como seres vivos.
· Distinguir as partes dunha planta a as súas características.
· Coñecer como nace unha planta.
· Coñecer os nomes dalgúns tipos de plantas.
·Identificar e describir os fenómenos meteorolóxicos que se producen no seu ámbito máis próximo.
· Coñecer e diferenciar as características de cada estación do ano.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura de: "As bolboretas e a primavera".


Vocabulario:
  • Algarabía: alboroto.
  • Buraco: agujero.
  • Calado: silencio.
  • Orballo: llovizna.
  • Trasno: duende.
  • Cunca: taza.
  • Gromos: brotes
  • Espreguízase: estírase.

-Para a comprensión da lectura, di oralmente cal é a resposta correcta.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
Fai as seguintes actividades que te poñemos.
1.- Aprende o abecedario en galego e escríbeo no caderno.


2.- Aprende a seguinte regra.


3.- Escribe no caderno os nomes dos seguintes debuxos atendendo a regra que aprendiches.


4.- Agora vas a escribir no caderno o nome dos meses que leven mb.


4.- Ditado.
-O neno ten o pelo longo.
-Xa é a hora de xantar.
-O mago vive no cume da montaña.

EXPRESIÓN ORAL
-Observa a seguinte lámina, onde falan das plantas como seres vivos.


1.- Na seguinte secuencia, ordénaa e comenta oralmente cada paso.


2.- Fai un debuxo, no caderno ou nun folio, dunha planta e ponlle os nomes das súas partes.

-Agora observa está lámina, onde explica como sabemos o tempo que vai.


3.- Mira as dúas fotos e despois de ler as tres frases que hai en cada unha, di cal lle corresponde a cada imaxe.



VÍDEOS
Vídeos sobre as partes dunha planta.





Vídeos sobre o tempo atmosférico.

LL

17.5.20

TEMA 10 DE "XUNTOS"(LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): REPASO DO SEGUNDO TRIMESTRE


Esta semana continuamos coa Tarefa Competencial : “As nosas árbores” e actividades do Repaso do segundo trimestre.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Lectura sobre as árbores.
1º.- Le e falade sobre o coidado da natureza.

"AS NOSAS ÁRBORES"


Vocabulario:
  • Ergueito: derecho.
  • Carballo: roble.
  • Landras: bellotas.
  • Loureiro: laurel.
  • Arrecende: huele.
  • Cheiran: huelen.
  • Espichan: Mueren.
- Facer un debuxo dunha árbore e elixir un lema para o "Día da Árbore e a Poesía". 

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Fai os exercicios que te poñemos seguidamente:

1-.Completa no caderno as palabras da marxe dereita que están na cor amarela.
2º.- Ditado.

-O barco de Brais navega polo mar.

-Iremos a Praga a próxima primavera.
-Tes as frechas flotando no estanque.
-O dragón trouxo unha morea de trastos. 

3º.- Copia e completa no teu caderno a  seguinte descrición.

4-. Facer a ficha que xa tedes fotocopiada, correspondente ao Tema 10 de Xuntos: Ficha AV



EXPRESIÓN ORAL:
Resolve oralmente as seguintes actividades.
1º.- Le e di cales son os nomes dos animais mariños que non son peixes.

2º.- Di onde colocarías o nome de cada animal?
3º.- Completa oralmente a seguinte actividade.

VIDEOS:







10.5.20

TEMA 10 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 3ª PARTE

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Lectura de tres noticias. Le e comenta de que trata cada noticia e despois di que título dos que están abaixo corresponde a cada unha .


Vocabulario:
Congreso: reunión

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Fai os exercicios que te poñemos seguidamente:

1-. Facer as fichas que xa tedes fotocopiadas, correspondentes ao Tema 10 de Xuntos: fichas de reforzo e ampliación.


2-.Copia nun caderno a poesía de Mª I. Fuentes. Despois fai un debuxo e fixate ben que bechiños aparecen na lectura.

"Pequenos bechiños" 


Pequenos bechiños
hai pola horta:
avespas e grilos,
cubertos de terra,
arañas que tecen
con moito traballo,
lindas bolboretas
e formigas en ringleira
Que coas miñas miguiñas
fan unha festa! 

Vocabulario:
  • bechiños: animales pequeños (insectos). 
  • horta: huerta.
  • tecen: tejen (hacen una tela).
  • ringleira: fila.
  • Miguiña: trozo pequeño de pan.
3-.Ditados:
  1. A visita ao planetario foi incrible.
  2. Onte fomos con Crisanto coller croios á praia de Coído.
  3. En Inglaterra fálase inglés.
  4. O gladiador loitaba no circo.
Vocabulario:
croios: piedras
loitaba: luchaba

EXPRESIÓN ORAL:
Aquí tes unha serie de exercicios orais para comentar en familia:

1-.Observa a seguinte lámina, as palabras escritas son nomes. Fai oralmente frases con cada unha delas.

2-.Con cada un destes nomes: nena, can e nube fai oralmente dúas frases.


3-.Observa esta outra lámina, nela falan das características dos réptiles. Le e despois comenta oralmente as preguntas de máis abaixo.

Preguntas:
  • De que teñen cuberto o corpo os réptiles?
  • Que outros animais teñen escamas?
  • Repite o nome dos cinco réptiles da lámina.
  • Como se desprazan?
  • Os reptiles nacen de_______
4-. Le os datos da seguinte lámina, e contesta (verdadeiro ou falso) ás preguntas de máis abaixo.


Verdadeiro ou Falso?:
  • O sol danos calor. (V/F)
  • Todos os seres vivos necesitan a luz do sol. (V/F)
  • A lúa sae ao amencer. (V/F)
  • Ao mediodía o sol está moi alto. (V/F)
  • As plantas poden vivir sen sol. (V/F)
  • Polas noites brilan as estrelas. (V/F)
5-.Pensa, reflexiona e comenta que sucedería cos seres vivos se se apagase o sol.

VÍDEOS:


3.5.20

TEMA 10 DE XUNTOS ( LINGUA-C.DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 2ª PARTE


Esta semana continuamos  co Tema 10

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

 «Astronauta semanal» é do libro "Poemas con piruletra" de Carlos Fontes. O poema serve para repasar  os días da semana e aprender os planetas. Despois da lectura, memoriza este poema tan divertido.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Copia nun caderno e responde os seguintes exercicios:

 1-.Indica si é verdadeiro (V) ou falso (F)

O astronauta:
  • Saíu do planeta Terra.       _____
  • Vaí en helicóptero.            _____
  • Viaxa en nave espacial.     _____
  • Fai unha viaxe mensual.   _____

2-.Elixe, completa e, despois contesta.
ósos - seis - ovos - antenas

A xoaniña ten _____________ patas e dúas ____________ e nace dun ______________.
Non ten______________.

Ditados:
  1. Na clase de música tocan o clarinete.
  2. Vou en bicicleta coas chancletas negras.
  3. Ponlle a crema a Cristina.
  4. Carlos non quere azucre no café.
EXPRESIÓN ORAL:
Observa a seguinte lámina, onde falan das partes e características dos insectos, e estuda os seus datos. Despois comenta o aprendido e fai un conto oral no que interveñan diferentes insectos.
 Esfórzate, que ti podes!!
Le e pregunta a túa familia se saben estas adiviñas:

Son negra como o carbón
e sempre camiño en fila.
Recollo grans de trigo
e a min chámanme a…
 (A formiga)

Zumba que zumbarás,
van e veñen sen descanso,
de flor en flor trasfegando
e a nosa vida adozando.
(As abellas)

Cal é o único animal
que camiña cos pés
na cabeza?
(O piollo)

Para rematar, le os datos da seguinte lámina, e comenta a pregunta de máis abaixo.

Obseva estas dúas imaxes e contesta oralmente onde cres que está máis limpo o aire e por que.

VÍDEOS:






26.4.20

TEMA 10 DE XUNTOS ( LINGUA-C.DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): TAREFA COMPETENCIAL

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
· Escoitar e comprender un poema de forma oral.
· Ler e escribir textos breves formados cos grupos consonánticos estudados (cr, cl, gr, gl) e responder axeitadamente as preguntas de comprensión lectora.
· Interiorizar, de forma non teórica, o concepto do nome.
· Coñecer as principais características dos animais en perigo de extinción.
· Coñecer as principais características dos réptiles e dos insectos.
· Identificar algunhas características do aire e a auga e os prexuízos da contaminación.
· Coñecer nocións básicas sobre o sol, a lúa, as estrelas e a Terra.
· Diferenciar entre o día e a noite.


Iniciaremos este tema 10 mediante a Tarefa Competencial. "Animais en Perigo"
Esa tarefa céntrase nos animais en perigo de extinción e na actitude que debemos inculcarlles aos pequenos  e pequenas, para que repecten o seu hábitat e forma de vida. 

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Le e fai un debuxo do poema:

Unha dúas e tres
eu salto as ondas
con só un pé.

O sol polas tardes
xa non é amarelo,
reloce brillante,
no medio do ceo.

O mar coas ondas
convídao a xogar,
e el pouquiño a pouco
acóchase no mar

Búscano as ondas,
agora van, agora veñen,
coa brisa xogando,
tamén se entreteñen.

Eu sigo na beira
e xogo tamén,
saltando nas ondas
con só nun pé.

Vocabulario:
  • ondas: olas
  • reloce: reluce
  • acóchase: escóndese
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Copia o seguinte texto no caderno e contesta ás preguntas:

Nome:_________________________________
Como é?:______________________________ 
Aliméntase de:__________________________
Reprodúcese por: _____________________   _

Vocabulario:
  • acocho: escondite
  • pintas: manchas
EXPRESIÓN ORAL:
A seguinte actividade facedea oralmente, comentando que pasou co golfiño:

VIDEOS:
Mira estes vídeos de animais en perigo de extinción e da natureza.








19.4.20

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS) : FICHAS

Esta semana continuaremos co tema 9 mediante fichas de repaso do xa aprendido.

 LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Le este poema e estuda o vocabulario. Fai un debuxo dunha quenlla seguindo o vídeo

A quenlla vai ao dentista

Á consulta do dentista,
chegou coxeando unha quenlla,
porque hai máis de tres días,
que sofre unha dor tremenda.
—Sente —dixo o dentista—
e deixe aquí o bastón,
abra moi grande a boca
e non a peche por favor!
O dentista tremeu de medo
cando a quenlla abriu a boca,
pensando que pasaría
se espirra con forza.
—Non se asuste, bo dentista
—dixo a quenlla sorrindo.
Que se como un doutor
dóeme o bandulliño.

Vocabulario:
  • quenlla: tiburón. 
  • dor: dolor
  • tremeu : tembló
  • espirra: estornuda
  • bandulliño: estómago


COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

Ditado:

 Disfruta da natureza e mergúllate nela, pero deixa todo como estaba antes de ti chegares.

 FICHAS:

Para facer as fichas, repasade os vídeos e as actividades que fixemos nas semanas anteriores. Tamén consultade o vídeo que aparece seguidamente, para lembrar a separación das sílabas que xa temos estudado en clase.



VÍDEO:

29.3.20

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
Escoitar e comprender un conto de forma oral.
Ler e escribir textos breves formados cos grupos consonánticos estudados e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
Distinguir entre sílabas e palabras.
Coñecer as características principais dos peixes e anfibios.
Comprender a transformación do cágado en ra.
Aprender a distribución da auga na Terra: mares e océanos.
Identificar as características e estados da auga.
Coñecer a importancia da auga para o uso e consumo diario

 LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

A Maruxaina

Conta a lenda que… A Maruxaina é unha serea loura, metade peixe, metade muller… Vive nunha cova nas illas Farallóns, entre percebes e mexillóns.
Nos días de temporal toca o corno… uns din que para avisar os mariñeiros do perigo, outros din que é para enganalos e facelos naufragar…
En agosto celébrase unha festa na súa honra. Coas luces da vila apagadas, os homes van ao mar buscar a Maruxaina, facendo soar cornos e bucinas para non escoitar o canto da serea.

Lenda popular galega  
Podes ver máis en "Galicia Espallada"  https://galicia.swred.com/lendas_sreas_marinha.htm

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

DITADOS:

 1-Na fraga vai frío. As framboesas están no frigorífico. Flavia recolle as flores no parque. Non me gusta moito o flan. É falso que Alfredo estea enfermo.

2- A miña madriña tróuxome un edredón. Ao dragón gustáballe o azucre. Meu padriño di que non paro de medrar. Viches o trasno que chegou no tren? Merquei un traxe e tres garabatas.

VÍDEOS:




  FICHAS: 
(Para imprimir)
 

23.3.20

TEMA 8 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

Os obxectivos que se pretende nesta unidade son:
Escoitar e comprender un conto de forma oral.
Escribir con corrección os grupos consonánticos: br, bl, pr, pl, que xa traballamos en Lingua Castelá
Ler  pequenas frases e textos e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
Facer, de forma oral ou escrita, unha descrición dun obxecto.
Identificar algunhas aves e describir as súas características.
Coñecer o proceso de incubación das aves.
Coñecer e valorar algunhas normas sociais básicas de convivencia.
Valorar o coidado do contorno como un ben común

Seguidamente compartimos a lectura do tema para practicar na casa, adicada a Xosé Neira Vilas e tamén uns vídeos  de interese:


O Espantallo amigo

 O tío Ramón ten unha figueira ao pé da casa. É a maior figueira da aldea. A que dá mellores figos. Pero o ano pasado deron con ela os merlos. Son paxaros moi teimosos. O tío Ramón, que é velliño e sábeas todas, unha mañá ollou para os merlos e dixo, abaneando a cabeza: —Xa está ben de tanto amolar. Acabouse a festa, ides ver. Dito e feito, colleu dous paus e atounos en forma de cruz. Aquel esqueleto, foino cubrindo de palla. Colleu un melón para a cabeza. Pero, antes de poñerlla fíxolle dous buratos para os ollos e un para a boca. No lugar de cada ollo colocoulle unha cereixa. E entre a palla do peito colocoulle un pexego. Despois vestiuno cunha chaqueta e cun pantalón remendado, unha pucha e calzouno cun par de zocos vellos. Así naceu o Espantallo. De lonxe, semellaba un home. Colleuno e púxoo na póla máis baixa da figueira. Os merlos fuxiron e o tío Ramón botou unha risada. 

Xosé Neira Vilas, O Espantallo amigo. Ed. Galaxia

Finalmente vos aportamos as fichas do tema para traballar esta semana do 23 ata o 27 de marzo e non deixedes de ver os vídeos que vos van axudar a poder resolvelas correctamente.
Ánimo!!!!

 
Documental O Espantallo Amigo | Trailer from Maxina on Vimeo.

Seguidamente vos aportamos vídeos educativos sobre as aves e tamén para poder debuxar un paxariño, para rematar coa canción de Magin Blanco que podedes aprender para cando volvamos a clase.