25.11.21

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021- 1ºB

Como cada ano, hoxe conmemoramos unha data moi importante para a nosa sociedade e para o noso colexio, o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 
En 1ºB traballamos esta data explicando o significado da violencia de xénero mediante contos como "Maruxa", "O libro dos Porcos" e "Tejón y Tejona", que podedes ver nesta entrada do blog. 
Na aula traballamos un debuxo e tamén participamos coa nosa pegada, na árbore de "Pegadas contra a violencia" elaborado polo Equipo de Biblioteca, todo co obxectivo de que nenos e nenas comprendan que o respecto entre todas e todos, é o único camiño para que eles e elas constrúan unha sociedade mellor dende agora. 






18.11.21

APRENDER A LER E A ESCRIBIR: PRIMEIRO TRIMESTRE 1º

Seguimos traballando día a día coa Expresión Escrita e a Comprensión lectora, pero no primeiro trimestre de 1º inda os nenos e nenas presentan moitas dúbidas na lectura, así que vos deixamos un libro que podedes utilizar na pantalla do ordenador, ou imprimilo, como reforzo do caderno "Leo". É importante dedicar 15 ou 20 minutos diarios á lectura na casa, mediante estes cadernos, e tamén facer algo de escritura, coas fichas: "Escritura a la Carta" de Anaya. Como podedes observar, as fichas son en cuadrícula e en pauta, pero non é necesario imprimilas dúas veces, xa que nos traballamos so coa pauta. Que escriban sen saír das liñas marcadas, para reforzar o que facemos en clase. 

 

11.11.21

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2021 - 1ºB

Hoxe pasamos un día fantástico celebrando o Magosto con castañas quentiñas e ricas que comemos no patio co sol morno que sempre trae o San Martiño. Tamén xogamos ao peón poñendo moito empeño. Mirade as fotos e o vídeo.
Tamén vimos os contos: " A Castaña Caterina" e "A Castaña que rebentou de risa" e fixemos debuxos  marabillosos. Foi un día completo!!!


















2.11.21

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2021, 1ºB

Aquí vos deixo as fotos do Samaín, coa "Lectura ás Escuras" e a "Exposición das Cabazas". As de 1ºB foron moi orixinais e víase o esforzo que fixéchedes en familia para colaborar con esta tradición tan nosa. Tamén os disfraces foron moi aplaudidos por todos e todas na nosa clase. Un día no que compartimos bos momentos e vimos o conto da "Bruxa Regañadentes" que daba moitísimo medo, menos mal que logo rematamos con "Cocorico", para non ter pesadelos. Podedes ver estes contos despois do fantástico vídeo elaborado polo equipo TIC´s, como recordo deste Samaín 2021.












XA TEMOS PDI 2021-2022: ARTE!!!

Despois dun largo proceso, xa temos PDI para este curso, que foi elixido por todo o alumnado co resultado de: "ARTE", temática que nos axudará a camiñar xuntos e xuntas en cada actividade que se desenvolva no colexio. O seguinte vídeo conta todo o proceso que seguimos. 

Esperamos que vos guste!!!