Mostrando entradas con la etiqueta Illa Fantasía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Illa Fantasía. Mostrar todas las entradas

9.3.20

LIBERA1M2: RECOLLENDO LIXO NO AREAL DE CABANAS

Hoxe vivimos unha experiencia fantástica participando xunto ao alumnado de 2°,3° e 4° de educación primaria, en Libera1m2, unha mobilización  para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza e que puxemos en práctica coa recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas. 
A actividade  converteuse nunha gran xornada de convivencia entre alumnado, mestres e mestras e familias, participando activamente para crear unha conciencia medio ambiental, que é un dos obxectivos que estamos a traballar dende Illa Fantasía no noso colexio.
Grazas familias pola vosa inestimable colaboración!!!!



Libera

15.2.20

ILLA FANTASÍA: "A CAPITÁ MARIANA VEN FALAR DO LIBRO VIOLETA E DAS MULLERES PODEROSAS"


A Capitá Mariana veunos falar do Libro Violeta, que estamos a traballar, onde destacaremos as mulleres poderosas de agua, terra, aire e lume e que pronto destacaremos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. En 1º xa eliximos a Concepción Arenal e á educadora María Barbeito. Tamén fixemos xogos e ensinounos como soa a chuvia en Illa Fantasía e moitas cousas máis. Marchou dando vos consellos, destacando a importancia da amizade e o respecto. 
Pronto teremos noticias dela!
 
 
                  

3.2.20

ILLA FANTASÍA: "O LIBRO VIOLETA E AS MULLERES DE AUGA , DE AIRE, DE TERRA E DE LUME"


Hoxe chegounos unha carta moi importante que vos compartimos, porque nos explica os nomes das 25 mulleres poderosas que se enrolaron no "Stella Maris", o barco da Capitá Mariana. Son mulleres de Auga, de Terra, de Lume e de Aire, que formarán parte do Libro Violeta, o novo reto que se nos presenta e no que teremos que traballar moi pronto.
Tamén podedes coñecer á Pirata Rosalía e o logotipo da Confraría "O Narval", da que ela é a Patroa Maior. Igualmente a Galiza, a Dama Celta Ferreira, que é a que fai as redes e nasas do "Stella Maris"


29.1.20

ILLA FANTASÍA: "DÍA DA PAZ 2020"


As Ondas de Paz chegaron ao noso cole con palabras de luz que saen dende a escuridade que a bruxa Morgana estende por onde va.  
Fomos avisad@s pola Capitá Mariana de que o mar está cheo de lixo, especialmente plástico, e de que unha marea negra de contaminación ambiental chegaba onde nós, así que comezamos a traballar en ondas que deixaran ver a luz a frases moi inspiradoras.
 En 1ºA: "COA AMIZADE A PAZ ILUMÍNASE" e en 1ºB "A PAZ COMEZA CUN SORRISO"

LATUKADA POLA PAZ

14.12.19

CIENCIAS DA NATUREZA: "PROXECTO HORTO DE AULA DE 1º"

HORTO DE AULA DE 1ºB



Este curso estamos a traballar as Ciencias da Natureza, mediante o proxecto de Illa Fantasía: "Traballar polo medio ambiente", que este trimestre orientamos ao estudo das plantas, creando o noso horto de aula, que xa temos en plena produción, pois xermolaron as nosas sementes de fabas, lentellas e garavanzos e puidemos ver o proceso de como botaron raíces e foron crecendo. Foi todo un éxito!
Primeiro visitamos As Fragas do Eume, para ver a natureza da nosa contorna, descubrindo árbores autóctonas que levan moitos anos nese parque natural, que é un gran pulmón que nos da vida e osíxeno a todas as poboacións que vivimos cerca delas.
Despois decatámonos de que nós podemos sementar e crear alimentos naturais e saber de onde veñen algúns dos que comemos como as lentellas.
Agora xa estamos preparados e preparadas, para ir no mes de marzo a un supermercado e ver o produto final e decatarnos de como os nosos garavanzos, lentellas e demais sementes, xa están listas para seren consumidas.
Seguiremos adiante co noso Proxecto!!
Non deixedes de ver máis abaixo, uns vídeos moi interesantes......







HORTO DE AULA DE 1ºA