HORTO DE AULA DE 1ºB
Este curso estamos a traballar as Ciencias da Natureza, mediante o proxecto de Illa Fantasía: "Traballar polo medio ambiente", que este trimestre orientamos ao estudo das plantas, creando o noso horto de aula, que xa temos en plena produción, pois xermolaron as nosas sementes de fabas, lentellas e garavanzos e puidemos ver o proceso de como botaron raíces e foron crecendo. Foi todo un éxito!
Primeiro visitamos As Fragas do Eume, para ver a natureza da nosa contorna, descubrindo árbores autóctonas que levan moitos anos nese parque natural, que é un gran pulmón que nos da vida e osíxeno a todas as poboacións que vivimos cerca delas.
Despois decatámonos de que nós podemos sementar e crear alimentos naturais e saber de onde veñen algúns dos que comemos como as lentellas.
Agora xa estamos preparados e preparadas, para ir no mes de marzo a un supermercado e ver o produto final e decatarnos de como os nosos garavanzos, lentellas e demais sementes, xa están listas para seren consumidas.
Seguiremos adiante co noso Proxecto!!
Non deixedes de ver máis abaixo, uns vídeos moi interesantes......





HORTO DE AULA DE 1ºA














