Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

1.2.23

DÍA DA PAZ 2023 2º DE PRIMARIA

 Para celebrar o día da Paz 2023, que como ben sabedes levouse a cabo o pasado 30 de xaneiro, os nenos e nenas de segundo realizamos diversas actividades. 

En primeiro lugar investigamos sobre os distintos idiomas nos que se di a palabra paz e en que países se falaban ditas linguas. No caso de 2ºA tocounos a palabra "FRIEDEN" que está en alemán, idioma oficial de Alemania e doutros países de Europa. Por outra banda a 2ºB tocounos a palabra "PAZ", dita verba pode escribirse dese xeito tanto en castelán como en portugués, idiomas que se empregan en América Central e América do Sur.

A continuación dedicámonos a poñerlle cor un corazón cuxo fondo estaba formado polas palabras que se nos asignaron. Cos nosos corazóns e cos de todo o colexio, as mestras do primeiro ciclo fixeron un corazón xigante.

Por último, entre todo o colexio fixemos un pequeno baile coa canción "Eu teño alguen no meu corazón" de María Fumaça para festexar este día.

PASÁMOLO XENIAL!!!



15.3.22

DÍA DA PAZ 2022: VOANDO CON "ÁS DE PAZ"

O Día da Paz conmemora o aniversario da morte do activista e avogado indio Mahatma  Gandhi, líder que loitou polos dereitos da poboación india con métodos de resistencia pacífica e promovendo a non violencia. O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado a tiros por un mozo radical.

Baseándonos neste feito, cada ano resaltamos os valores que traslada o Día da Paz e neste 2022, inspirámonos na obra do escultor mexicano Jorge Marín, titulada "Ás de Paz", que foi presentada por primeira vez no ano 2016 no marco do Día Internacional da Paz. Hoxe destaca como un símbolo que lembra á figura do Ave Fénix, descrita como un ave que rexorde das súas propias cinzas. 

Por todo iso, realizamos un  photocall con dúas ás xigantes creadas por todo o alumnado do centro.

Aprender a participar é aprender a ser responsable, celebrar cada 30 de xaneiro o Día da Paz e da Non Violencia, é formar parte activa da sociedade con criterio e plena responsabilidade.

Este ano mostrámoslle ao noso alumnado que poden ser “superheroes e superheroínas da Paz”e traballar por un mundo mellor desenvolvendo actitudes de tolerancia, solidariedade e respecto. 

O noso enfoque é animar a participar, dialogar, compartir e ser responsables, facilitándolles as ferramentas e espazos na súa contorna e o noso propósito é:


1. Desenvolver unha formulación de escola centrado na Educación para a Paz onde se traballe e se fomenten os valores de maneira diaria nas diferentes etapas educativas.

2. Traballar e transmitir os distintos valores como o afecto, a harmonía, a gratitude, a igualdade, a amizade, o respecto, a tolerancia e a solidariedade, necesarios para conseguir a paz.

3. Fomentar a participación nas actividades e experiencias encamiñadas a axudar e ser axudados.

4. Analizar as consecuencias da violencia e propoñer ideas que promovan a paz e a non violencia.

5. Coñecer as persoas que contribuíron a mellorar o mundo.


            




















29.1.20

ILLA FANTASÍA: "DÍA DA PAZ 2020"


As Ondas de Paz chegaron ao noso cole con palabras de luz que saen dende a escuridade que a bruxa Morgana estende por onde va.  
Fomos avisad@s pola Capitá Mariana de que o mar está cheo de lixo, especialmente plástico, e de que unha marea negra de contaminación ambiental chegaba onde nós, así que comezamos a traballar en ondas que deixaran ver a luz a frases moi inspiradoras.
 En 1ºA: "COA AMIZADE A PAZ ILUMÍNASE" e en 1ºB "A PAZ COMEZA CUN SORRISO"

LATUKADA POLA PAZ

30.1.19

DÍA DA PAZ 2019

"Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño". - Mahatma Ghandi - 

 O Día da Paz, celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz e nós  preparamos as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Este ano cantamos e bailamos a canción, "O Mundo é Grande" de Mamá Cabra, pero tamén  traballamos coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ. Para iso fixemos un xoguete tradicional "o zumbador", que podedes ver nas fotos.
Os de 2º e 1º, decoramos o corredor principal cunha pota moi simpática para cociñar a Paz con ingredientes como a amizade, o perdón, as apertas e todo o que nos axude a convivir sen violencia.
Feliz Día da Paz!!!