15.10.20

COMEZA ANDAR A BIBLIOTECA. CURSO 2020-2021


Está semana abriuse a Biblioteca, co novo Protocolo COVID, para que o alumnado poida coller empréstitos de libros para ler na casa.

Güino tróuxonos as mensaxes as aulas de 2ºA e de 2ºB que limos na clase.  


INFORMACIÓN DO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Por fin abrimos a nosa biblioteca. Dun xeito diferente en canto tempos e espazos, , co novo protocolo COVID, extremando precaucións; pero atopando, como sempre, no "Xardín do Pasatempo" un espazo para achegarnos a mil e un mundo, para  o xurdimento de ideas, para deixar voar a nosa imaxinación, para a aprendizaxe individual e colectiva, para a pescuda, para a conversa, para...

Temos o protocolo ás portas da biblioteca pero deixámolo aquí tamén para que o teñades sempre presente.


Gúino xa visitou todas as aulas deixándonos a súa primeira mensaxe deste curso, ademais de falarnos da apertura da "biblio" anímanos a iniciar unha nova viaxe cun proxecto de investigación para este curso: "Pontedeume, a nosa vila".

 Agora que cada grupo  coñece o reto para o seu ciclo, xa nos podemos poñer a explorar e compartir os nosos achados cos outros grupos principalmente de xeito dixital, acorde coa nova normalidade.

 Agardamos que os productos finais deste PDI podan expoñerse a fin de curso na biblioteca a toda a Comunidade Educativa, de xeito real (con actos de presentación, nos nosos andeis, paneis expositores...) ou virtual ( Páxina Web, Facebook, Aulas Virtuais, Blogs, etc.).

Xa podedes coller empréstitos da nosa biblioteca e  axiña publicaremos a documentación do PDI, mais aproveitade o bo tempo para explorar a nosa vila coa compaña das vosas mestras e mestres como 1º acercamento á realidade para desenvolver o reto que este ano nos mandou Güino. Xa temos preparadas diferentes excursións!!!

Ánimo, rapazada do Couceiro!

Fotos do alumnado de 2ºA e de 2ºB lendo a mensaxe que nos deixou Güino.