30.3.20

#NoCouceiroQuedamosNaCasa

ESTE VÍDEO ESTÁ DEDICADO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL. O SEU PRINCIPAL OBXECTIVO É DAR UN POUQUIÑO DE ÁNIMO E SACAR UN SORRISO, NESTE MOMENTO TAN ESPECIAL QUE ESTAMOS PADECENDO. 
UNHA APERTA MOI GRANDE!!!


 

ACTIVIDADES SEMANA DO 30 DE MARZO ATA O 3 DE ABRIL

 Estimadas Familias:

 Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 30 de marzo, ata o 3 de abril, cada unha cunha parte descritiva dos obxectivos que pretendemos alcanzar.
Nesta ocasión incluímos ditados de números e textos en todas as materias, xa que a extensión do confinamento, fai convinte non esperar ata chegar ao colexio para continuar practicando os mesmos.
En Matemáticas comezamos o Tema 10 do libro con vídeos que explican as materias que vamos dar. Deixamos pendente o reloxo, para facer un apartado especial, dada a complicación que ten para entendelo. Para 1ºA, incluímos un caderno de fichas de repaso de ABN
  En Lingua Castelá traballaremos o Tema 9 mediante o libro e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza utilizaremos as fichas.
Todas as entradas do blog inclúen vídeos educativos que axudan á comprensión dos conceptos para facer tarefas.
Finalmente comentar que aportamos unha entrada especial enliña  de libros que se poden ler no ordenar na tableta ou no móbil e que o grupo Anaya nos facilita gratuitamente para colaborar con estes momentos tan difíciles que os nosos nenos e nenas están a vivir, sen poder saír da casa e sen asistir ao colexio onde facemos o empréstito de libros da biblioteca.
Por outra banda reiterarvos o que xa vos comentamos en ocasións anteriores, respecto a que as propostas de actividades son tentativas e as podedes axustar segundo as vosas posibilidades familiares. As correspondentes a esta semana son extensibles ata despois de semana santa, período que correspondería as vacacións escolares. 
No caso de que non teñades impresora para as fichas, podedes pedirlles aos nenos e nenas que copien da pantalla os exercicios e que os fagan nun caderno, ou tamén resolvelos oralmente. O tema é avanzar o que se poida, sen que se converta nun problema para as familias.
Saúdos  e moito ánimo!!
Calquera dúbida, podedes escribirnos ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com 

T10 MATEMÁTICAS

T10 MATEMÁTICAS:

Ao longo do tema pretendemos que se adquiran os coñecementos seguintes: •Os números do 70 ao 79, utilizando a descomposición e os conceptos de decena e unidade. Ditado e relación dos números co su nome e grafía. •Operacións de suma de tres sumandos. •Repaso de conceptos de numeración: ordenación de números, número anterior e número posterior.

As partes correspondentes ao reloxo deixámolas, pola sua dificultade, para despois das vacacións de semana santa. Xa vos iremos informando ao respecto.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Libro Matemáticas 1, 2º Trimestre: "Sin contaminar mucho mejor" (páx. 124)
"Qué sabemos"(páx. 125)

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

"Números del 70 al 79" (páx. 126-127), "Sumas de tres sumandos" (páx.128-129)"Repaso de números" (páx. 130-131)
Ditado de números
65, 23, 41, 73, 28, 60, 72, 48, 76. 
 51, 57, 69, 16, 71, 63, 78, 29, 72

VÍDEOS:

29.3.20

FICHAS REPASO NUMERACIÓN ABN 1ºA



NUMERACIÓN
Este é un cadernillo para traballar a numeración. Para esta semana do 30 de marzo ao 3 de abril recomendo as páxinas: 13, 15, 16, 17 e 18, que vaian facendo as que poidan. No caso de que teñan dificultade nalgún punto que non o fagan.  

TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ

TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ:
O tema central da novena unidade son os animais mariños, principalmente os peixes. Como novidade con respecto ás unidades anteriores, esta xa non traballa na presentación de letras ou grupos consonánticos, senón que introduce novas seccións, concretamente, unha sección ortográfica.A través das diferentes actividades propostas na unidade, preténdese que os alumnos e alumnas, adquiran os seguintes coñecementos:
• Lectura e escritura de palabras, frases e textos coas letras e sílabas xa coñecidas
• Comprensión do significado xeral dun texto oral.
• Identificación e clasificación dos nomes.
• Maiúsculas ao comezar a escribir e despois de punto.
• Descrición das persoas

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Libro Lengua 1º Anaya. 2º Trimestre:"La Aventura de Sardinete" (páx. 134-135)
Comprendo la lectura: páx 136-137

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
  • Traballaremos no libro os apartados: Aprendo la Lengua (páx. 138-139), Taller de Escritura (páx. 140-141) e Escribo bien (páx142-143)
  • DICTADOS: 
  1. Dictado de la actividad 5 ( páx 139): Mi gato Alan mira las rosas que hay en la terraza 
  2. Dictado la actividad 4 (páx 141): Mi colonia huele a rosas. Tu perfume huele a jazmín. 
  3. Dictado la actividad 5 (páx 143): Almudena vive en Asturias. Sus padres la visitan mucho.
VÍDEOS:

Os vídeos relacionados cos peixes, podedes velos no Tema 9  de "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
Escoitar e comprender un conto de forma oral.
Ler e escribir textos breves formados cos grupos consonánticos estudados e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
Distinguir entre sílabas e palabras.
Coñecer as características principais dos peixes e anfibios.
Comprender a transformación do cágado en ra.
Aprender a distribución da auga na Terra: mares e océanos.
Identificar as características e estados da auga.
Coñecer a importancia da auga para o uso e consumo diario

 LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

A Maruxaina

Conta a lenda que… A Maruxaina é unha serea loura, metade peixe, metade muller… Vive nunha cova nas illas Farallóns, entre percebes e mexillóns.
Nos días de temporal toca o corno… uns din que para avisar os mariñeiros do perigo, outros din que é para enganalos e facelos naufragar…
En agosto celébrase unha festa na súa honra. Coas luces da vila apagadas, os homes van ao mar buscar a Maruxaina, facendo soar cornos e bucinas para non escoitar o canto da serea.

Lenda popular galega  
Podes ver máis en "Galicia Espallada"  https://galicia.swred.com/lendas_sreas_marinha.htm

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

DITADOS:

 1-Na fraga vai frío. As framboesas están no frigorífico. Flavia recolle as flores no parque. Non me gusta moito o flan. É falso que Alfredo estea enfermo.

2- A miña madriña tróuxome un edredón. Ao dragón gustáballe o azucre. Meu padriño di que non paro de medrar. Viches o trasno que chegou no tren? Merquei un traxe e tres garabatas.

VÍDEOS:




  FICHAS: 
(Para imprimir)
 

A HORA DE LER!!


BRUÑO

La A aventurera

Mis primeros cuentos cortos

Caperucita de colores

Cuentos cortos de animales en peligro  

Lola Pimienta y el secuestrador de perros
  
ANAYA INFANTIL Y JUVENIL

XERAIS

Feliz feroz El Hematocrítico (2016), a partir de 6 años.https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok

28.3.20

ACTIVIDADES DE FRANCÉS

Recettes pour  préparer des cuillères de Pâques
Ingrédients;
 Des cuillères 
pour toute la famille.                              
Chocolat au lait 
pour fondre 
dans le microonde
La première étape consiste à faire fondre 
le chocolat au lait  
dans le microonde
A continuation  introduire  les cuillères dans le chocolat
Et ...décorer :
Mettre au frigo pendant 20 min, plus ou moins +/-.
ET
...
Histoire de Pâques

Comptine de Pâques en dessin animé, quelle histoire ! Boum bing bang c'est Pâques:

Chanson de pâques
DESSINE UN OEUF DE PÂQUES
la chanson de Pâques
le lapin de Pâques

Dessin animé de Pâques, Ce matin dans mon jardin de Stéphy


ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a tod@s: 
O profe Xavier vos manda este vídeo tan divertido previsto para a semana próxima do 30 de marzo ao 3 de abril, pero que o adianta por se queredes practicar un pouco de exercicio este fin de semana. Ánimo e non deixedes esa alegría e entusiasmo que sempre tedes. Moitos bicos!!

 

25.3.20

TI ES O NOSO HEROE E NOSA HEROÍNA!!

Xa temos as primeiras fotos que nos din como están vivindo as nosas nenas e nenos de 1º estes momentos en que non podemos estar xuntos nas nosas clases. Son de Nicolás e da súa irmá Adriana que están nunha casa no campo. Unha aperta e moitos bicos para os dous. 
 Lembrade mandar unha ou dúas fotos ao noso correo: 
primeirociclocouceiro@gmail.com  

Lucía danos unha mensaxe de ánimo, nestes momentos tan difíciles, dende a súa casa. Biquiños Luci.

Inés anda a traballar moito na casa, pero a noticia de última hora, é que lle caeu outro dente e que o ratiño Pérez portouse ben!! Que sorte !!! Un biquiño Inés. 
Fantástico David vestido de "superheroe" e cunha mensaxe auténtica" #No Couceiro quedámonos na casa" Ánimo a tod@s e seguide este consello que nos da David, ao que lle mandamos moitos biquiños.
Aquí temos a Leo e a súa irmá, gozando dun espazo aberto que teñen na casa e facendo deporte coas súas bicis. Que sorte!! Moitos biquiños para os dous!!
Si xa é unha sorte ter un irmán ou unha irmá, compartir un pasatempo é o máximo. Iso pasa con María que fai doces co seu irmán Santi e ben preparados cos traxes de cociña. Tamén aproveita estes días para practicar o violín. Fantástica idea!! Un biquiño para os dous e gozade de poder compartir xuntos!!
Thiago está moi contento e feliz. Unha forma de pasar tamén o tempo é construíndo puzzles e facendo construccións. Moito ánimo e un biquiño.
Aquí Clara o está pasando moi ben. Na primeira foto na finca da súa casa tomando sol e na segunda cos seus curmáns preparando uns doces que estarán riquísimos. Moito ánimo e esperemos que isto remate pronto para poder vernos todos. Moitos biquiños!!
Joel e a súa preciosa irmá pequena, amosan unha mensaxe de ánimo: "Todo vai sair moi ben". É importante axudar aos máis pequenos e pequenas da casa e Joel faino fenomenal!! Moitos bicos para os dous.
Que fotos máis simpáticas manda Clara Piñeiro! Unha lembrando aos compañeiros e compañeiras de clase e outra co seu traxe de superheroína. Moi ben Clara, xa vexo que tes ganas de volver a clase, pois non te preocupes que pronto estaremos xunt@s. Moitos bicos!!!
Clara Leira manda unhas fotos na súa casa facendo un doce que ten moi boa pinta. Xa vemos que triunfan as actividades de preparación culinarias. 
Lembrades que dixemos de facer un concurso de talentos? Pois xa vemos que hai moit@s "chefs". Á volta ide pensando nunha receita para compartir. Moitos Bicos Clara!!
Antón está auténtico nestas fotos!! Primeiro axudando na casa e despois relaxándose para estar en forma. Encántanme as túas fotos Antón, porque é importante colaborar e ser solidario coa familia.  Moitos bicos raparigo!!! 
Que ricas galletas Martiño!! Cando volvamos ao cole, esperamos que nos invites.  Biquiños grandes!!
Que ben Ainhoa!!! Está facendo os seus exercicios de ioga para relaxarse. Tamén é importante manterse en forma nestes días. Unhas fotos xeniales. Un biquiño.

Nicolás na foto de arriba, facendo deporte, está preparando unha saída en atletismo. Ánimo, campeón, estás xenial!!!. Na de abaixo cun dos superhéroes que lle gustan tanto. Biquiños.   
Que ben están Xiana e o seu irmán preparando o biscoito e despois celebrando o aniversario del. Parabéns polo cumpleanos. Un biquiño para os dous.  

24.3.20

NOVIDADES NO NOSO BLOG

Estimadas familias: 

Onte vos compartimos actividades que podedes ver nas diferentes entradas do blog e que son propostas, xa que somos conscientes de que cada situación familiar é diferente e polo tanto non vos sintades na obriga de facer máis do que se poida.
Nesta ocasión incluímos tamén as actividades dos especialistas, para que os nenos e nenas teñan acceso aos contidos que o profesorado de Educación Física, Música, Inglés e Francés, considere oportuno aportar. Pola nosa parte, os titores vos compartimos unha programación que fixemos para esta semana do 23 ata o 27 de marzo, sempre tendo en conta que fagades o que se poida abordar.

Para atopar todo o que vamos publicando, podedes ir ao final de cada páxina e ver entradas antigas (entradas antigüas), ou ir a PESCUDA AQUÍ no lateral esquerdo da páxina e buscar a etiqueta CORONAVIRUS que agrupa todo o publicado dende o 16 de marzo en adiante.

Por outra banda vos anotamos o correo de 1º ao que podedes mandar unha ou dúas fotos de como están pasando estes días os nenos e as nenas, para publicar no blog.  Lembrade que nas fotos só poden saír @s que teñan permiso de imaxe. 

primeirociclocouceiro@gmail.com   

Moito ánimo!!

23.3.20

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Actividade  de E. Física para realizarse baixo supervisión de adultos que deberán ser enviadas ao longo desta semana. Realizaranse algunas fotos de ditas actividades que verifiquen a realización das mesmas. Nos vindeiros días iranse propoñendo novas tarefas.

ACTIVIDADES DE MÚSICA

Premede no vínculo para ver as actividades de música


ACTIVIDADES DE MÚSICA

CONTOS EN GALEGO

Aquí vos deixo tres contos que vos van gustar moito e así seguides practicando a comprensión en galego.

 

TEMA 9 DE MATEMÁTICAS: FICHAS DE REPASO E VÍDEOS EDUCATIVOS

No Tema 9 de Matemáticas traballamos en clase os diferentes puntos que anotamos de seguido menos o reloxo, así que se xa rematáchedes o tema no libro, agora vos deixo unhas fichas para repasar os diferentes conceptos:

Os números do 60 ao 69. • Valor de posición das cifras dun número. • Operacións de suma e resta de números de dúas cifras. • Repaso de conceptos de numeración: número maior e menor; anterior e posterior… • Resolución de problemas elixindo os datos necesarios.

É importante que antes de facelas, miredes os vídeos para lembrar o que xa traballamos en clase.
As fichas son para esta semana do 25 ata o 27 de marzo e se non podedes facer as partes adicadas aos reloxos, pois non as fagades.

Ánimo e aproveitade este tempo que estamos na casa para traballar un pouquiño, que así tamén o tempo pasa o mellor.



REPASO DE NUMERACIÓN EN ABN PARA 1ºA

Poden repasar series de números contando de 2 en 2, de 3 en 3, de 5 en 5 e de 10 en 10. Poden facelo para diante e para atrás.
Exemplo: contar de 2 en 2 desde o 5 ao 35. Contar de 2 en 2 desde o 40 ao 12...
Facer xogos en familia para traballar a numeración: a oca, o parchís, as cartas: o cinquillo, a escoba... xogos onde se teña que contar.
Facer descomposición dun número en decenas e centenas (vídeo de como o podedes facer).








TEMA 8 DE LINGUA CASTELÁ: FICHAS DE REPASO E VÍDEOS EDUCATIVOS


O Tema 8 de Lingua Castelá, está adicado aos pobos e as cidades e con el concluímos a presentación de letras e grupos consonánticos. Ao finalizar o mesmo, os alumnos e as alumnas deberán ser capaces de identificar e ler todas as letras e  sílabas, o cal favorecerá a súa autonomía para a lectura. Igualmente nel xa puidemos traballar:

Lectura e escritura de palabras, oracións e textos coas letras e as  sílabas xa coñecidas.
Comprensión do sentido xeral dun texto oral.
Presentación e traballo dos grupos  consonánticos:  cr,  cl, gr,  gl.
Adquisición e ampliación do vocabulario sobre os pobos e as cidades
Identificación e formación de palabras derivadas.
Identificación do número de sílabas que forman cada palabra.
Separación das palabras en  sílabas.
Descrición de obxectos

Agora vamos facer o repaso do tema mediante as fichas que vos engadimos nesta entrada e que podedes facer esta semana do 23 ao 27 de marzo
O importante é que non deixedes de ler e de escribir amodiño, lembrando todo o aprendido en clase. Collede ben o lapis e lede coa entoación adecuada diante dalgún adult@ que estea con vos na casa, ou cos irmáns ou irmás maiores.

Tamén podedes ver o vídeo: " Ratón de Campo y Ratón de Ciudad" en castelán, e que xa víramos no Tema 7 de Lingua en galego, e facer un ditado mediante un vídeo que tedes de seguido. 
Para rematar uns vídeos educativos sobre a diferencia entre as cidades e os pobos e aldeas.

TEMA 8 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS)

Os obxectivos que se pretende nesta unidade son:
Escoitar e comprender un conto de forma oral.
Escribir con corrección os grupos consonánticos: br, bl, pr, pl, que xa traballamos en Lingua Castelá
Ler  pequenas frases e textos e responder axeitadamente ás preguntas de comprensión lectora.
Facer, de forma oral ou escrita, unha descrición dun obxecto.
Identificar algunhas aves e describir as súas características.
Coñecer o proceso de incubación das aves.
Coñecer e valorar algunhas normas sociais básicas de convivencia.
Valorar o coidado do contorno como un ben común

Seguidamente compartimos a lectura do tema para practicar na casa, adicada a Xosé Neira Vilas e tamén uns vídeos  de interese:


O Espantallo amigo

 O tío Ramón ten unha figueira ao pé da casa. É a maior figueira da aldea. A que dá mellores figos. Pero o ano pasado deron con ela os merlos. Son paxaros moi teimosos. O tío Ramón, que é velliño e sábeas todas, unha mañá ollou para os merlos e dixo, abaneando a cabeza: —Xa está ben de tanto amolar. Acabouse a festa, ides ver. Dito e feito, colleu dous paus e atounos en forma de cruz. Aquel esqueleto, foino cubrindo de palla. Colleu un melón para a cabeza. Pero, antes de poñerlla fíxolle dous buratos para os ollos e un para a boca. No lugar de cada ollo colocoulle unha cereixa. E entre a palla do peito colocoulle un pexego. Despois vestiuno cunha chaqueta e cun pantalón remendado, unha pucha e calzouno cun par de zocos vellos. Así naceu o Espantallo. De lonxe, semellaba un home. Colleuno e púxoo na póla máis baixa da figueira. Os merlos fuxiron e o tío Ramón botou unha risada. 

Xosé Neira Vilas, O Espantallo amigo. Ed. Galaxia

Finalmente vos aportamos as fichas do tema para traballar esta semana do 23 ata o 27 de marzo e non deixedes de ver os vídeos que vos van axudar a poder resolvelas correctamente.
Ánimo!!!!

 
Documental O Espantallo Amigo | Trailer from Maxina on Vimeo.

Seguidamente vos aportamos vídeos educativos sobre as aves e tamén para poder debuxar un paxariño, para rematar coa canción de Magin Blanco que podedes aprender para cando volvamos a clase.