27.5.23

EXCURSIÓN A MARCELLE NATUREZA 2º E.P. 2023

Marcelle Natureza é un parque zoolóxico localizado no municipio de Outeiro de Rei en Lugo. Os animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade.

O pasado día 23 de maio decidimos visitalo para ampliar a nosa información sobre os distintos animais que estamos a traballar no noso PDI, sobre todo centrándonos nos europeos e americanos. Gozamos moito e pasámolo moi ben!!!





20.5.23

CONCERTO DE CHARAMELA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Fantástico concerto da escola de música Charamela de Pontedeume que puidemos gozar os de 1º e 2º de primaria. 
Tocaron música de películas que todo o mundo recoñeceu inmediatamente e tamén nos explicaron as características e sons de cada un dos instrumentos que levaban. Foi toda unha experiencia!!!  Grazas Charamela!!!! 



         

19.5.23

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Este ano 2023, o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego, que naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo), o 7 de xaneiro de 1913. 
Ao longo da súa vida foi un traballador incansable, sempre destacando a súa galeguidade o que lle levou a recibir no ano 1979 o Pedrón de Ouro. Entre as moitas iniciativas que marcaron un novo tempo da man de Fernández del Riego, destaca de xeito especial a súa invención do Día das Letras Galegas. Daquela cumpríanse cen anos da primeira edición de Cantares Gallegos, o primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, que foi quen lle deu a data do 17 de maio. A súa proposta foi adiante e xa van sesenta anos dende entón, converténdose nun acontecemento social e cultural de primeira magnitude
En 2ºB visitamos a exposición organizada polo Equipo de Normalización onde, mediante uns carteis moi interesantes, puidemos coñecer a andaina vital de Fernández del Riego desde neno ata o seu finamento en Vigo no ano 2010.