30.9.19

ILLA FANTASÍA: "SOMOS PIRATAS"

Estes días xa empezamos a decorar as portas da aula vestid@s de piratas porque pronto teremos que andar polo mar, así que xa nos vamos preparando. Aquí vos compartimos os debuxos cos nomes dos nenos e nenas, por se queredes imprimilos e utilizalos.
PIRATAS DE 1º B
 

PIRATAS DE 1º A



PORTA DE 1º B

PORTA DE 1º A

19.9.19

PROXECTO ILLA FANTASÍA . FICHAS "XOGAMOS A PIRATAS"

Hoxe chegounos a primeira carta deste curso de Illa Fantasía e foi emocionante a lectura da mesma e a participación de tod@s nos detalles que nos daban sobre os diferentes lugares da illa.
Tamén nos participaron diferentes fichas que usaremos os cursos integrados no proxecto no colexio. Aquí volas comparto, por se queredes facer algunha na casa.


16.9.19

APRENDEMOS A LER EN 1º

Aprendemos a ler co Monosílabo


ILLA FANTASÍA 2019: SEREAS E PIRATAS

Comezamos esta nova andaina de Illa Fantasía con este conto motivador que explica en que consiste este proxecto tan interesante.

 

 Como este curso o adicamos @s piratas e ás sereas, xa vamos adiantando algunhas fichas que iremos traballando coa personaxe da Capitá Mariana, que as veces convértese en serea e outras en Dama Gris.

                                                                 A DAMA GRIS
                                                         A SEREA MARIANA
                                                            CAPITÁ MARIANA

 Pronto chegarán novidades desde a Illa contándonos cousas interesantísimas que vos iremos participando.




12.9.19

MELLORANDO A PSICOMOTRICIDADE FINA

Hoxe na clase de plástica de 1ºB traballamos con plastilina para mellorar a psicomotricidade fina, que tan importante é no desenvolvemento da intelixencia e que axuda a nenos e nenos a prepararse para poder adquirir habilidades motrices nos dedos e nas mans.
 O obxectivo que nos marcamos foi facer un verme con bolas de diferentes tamaños e cores e todos e todas traballaron con interese e se esforzaron bastante.
 Aproveitamos esta oportunidade para compartirvos diferentes ideas que podedes practicar na casa.

 Premede no texto: PSICOMOTRICIDADE FINA





























11.9.19

APERTAS NO PRIMEIRO DÍA DE CURSO

Hoxe comezamos o primeiro día de clase cunhas apertas cheas de agarimo e respecto para os nosos compañeiros e compañeiras. Os encargados de clase destes días en 1ºB, son Fátima e Ian que recibiron a todos e todas con moito ánimo. Velaí as fotos deste marabilloso momento. A partires de agora, iniciaremos sempre o día cunha aperta de benvida.

















Hoxe engadimos as fotos d@s que non estiveran o primeiro día en 1ºB e que foron recibid@s polos encargados da semana Lucía e Leo.
En 1ºA tamén abriron cunha chea de apertas que fixeron gozar moito aos nenos e as nenas e que chegaron content@s a clase esperando ese momento tan divertido. Aquí van as fotos dos seus sorrisos.