24.12.20

CELEBRACIÓN DO NADAL

Tras o remate do 1º trimestre,  queremos darlles os parabéns aos nenos e nenas de 2ºA e 2ºB por todo o traballo e esforzo realizado durante estes meses.

Deixámosvos aquí  o vídeo e as fotos da panxoliña “O meu Nadal perfecto” que preparamos con moito esmero e ilusión.

E por último, desexarvos que nestas merecidas vacacións de Nadal descansedes e o pasedes ben!!! Que o vindeiro ano o comecemos con moito ánimo, ilusión e esperanza.

Moitas apertas!!!

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!






































Fotos do xogo do bingo











 
Fotos da celebración das badaladas de fin de ano no Couceiro Freijomil.










16.12.20

NESTE NADAL: AGASALLA SONOS, AGASALLA LIBROS!

Recomendacións lectoras propostas pola biblioteca para regalar neste Nadal. 

Un ano máis chega o tempo de inverno e con el o tempo de estar na casa ao abrigo. Este ano ademais de abrigarnos do frío e dos temporais toca gardarnos da pandemia que aínda se resiste a deixar a nosa vila, polo que teremos máis tempo para estar na casa e soñar co mil e un mundo que nos agardan nos libros.

Güino recoméndanos: libros de misterio, de aventuras, de fantasía...; en galego, castelán, inglés e francés; libros para  os máis pequenos e para os maiores. Libros para toda a familia que xa enchen o moble de novidades da nosa biblioteca para que lles poidades botar un ollo antes de pedilos como agasallo nestas festas.
















Cada aula poderá miralos no noso "Xardín do Pasatempo" , sempre presentándoos o titor ou titora na súa hora de biblioteca ou  ben achegar a mestra ou o mestre os libros que vaia presentar ás aulas. 






                 

4.12.20

FESTIVAL DE NADAL

Este curso non se fará o festival de Nadal como os cursos anteriores debido a situación actual.

De todas formas imos preparar un baile que será gravado e publicarase no web do colexio e tamén no noso blog "primeiro pasos". O día da gravación poderán traer algún adorno de Nadal.

A canción que bailaremos será "O meu Nadal perfecto". 

Aquí vos deixo o vídeo para que os nenos e nenas vaian practicando a linguaxe de signos.

25.11.20

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A VIOLENCIA MACHISTA

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

Este curso dende a biblioteca propoñemos realizar actividades dentro das aulas respectando os grupos burbulla, polo que os actos serán máis íntimos o que terá a ventaxa de traballar mellor a reflexión aínda que non podamos compartilo como viñamos facendo ano tras ano.

Aquí vos deixamos un vídeo cuia mensaxe poderá chegar a todo o noso alumnado.


Unha cantiga optimista para encarar o futuro :


E agora a nosa proposta para que cada aula poda realizala axustándose ás características das nenas e nenos.

1º visualización desta curtametraxe:


Logo realizaremos barquiños de papel con a técnica amosada no seguinte vídeo ou doutro xeito, barcos grandes, pequenos, de papeis de cores, pintados... Neles podemos escribir un soño. 


 Agardamos sementar no noso alumnado valores de respecto, igualdade e non violencia.

NOVO HORARIO DO ALUMNADO DE 2º B E 2º A DURANTE O CONFINAMENTO

Estimadas familias:

Comunicámosvos que durante os días que nos atopemos confinados, as clases serán por videoconferencia. Deixámosvos aquí os horarios de conexión de 2ºA e 2ºB.

Saúdos e moito ánimo

HORARIO 2ºA

HORARIO B


O OUTONO NO COUCEIRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsáronse diferentes actividades relacionadas con tres festas e celebracións con moita tradición no noso centro.

Os rapaces e rapazas realizaron traballos sobre o Samaín, o Magosto e o Día do Peón.

Aquí tedes nestes vídeos un pequeno resumo dos seus traballos.

 Parabéns a todos e todas polo voso esforzo!!!






5.11.20

SAMAÍN 2020: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E LECTURAS A ESCURAS

 O venres 30 de outubro celebrouse o Samaín no noso colexio.

Aquí vos deixamos unhas fotos.










































Vídeo do colexio coa exposición das cabazas e das lecturas a escuras.