Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Municipal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Municipal. Mostrar todas las entradas

13.3.19

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe fomos á Biblioteca Municipal a participar nos encontros anuais cos escolares que fai esta institución, para fomentar a lectura entre @s máis pequen@s. Despois da charla puidemos ver o conto " Soldadiño de chumbo" e de camiño para o colexio, paramos facer estas fotos diante dun sitio tan tradicional da nosa vila como é o Pilón, co fondo da fachada do novo Mercado. Un gran momento que deixa recordos para o futuro.





21.4.18

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL "RAMIRO FONTE"

Fomos á Biblioteca Municipal para asistir a unha actividade moi interesante coa presentación de un conto por parte de Alejandro, e aproveitamos para facer unhas fotos ante a placa conmemorativa de Ramiro Fonte, que da nome á nosa Biblioteca, e do noso monumento máis importante, O Torreón dos Andrade. Tamén fixemos outra no Pilón, para recordar estes días cando sexamos maiores.