19.9.20

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE EN 2º

O primeiro día de clase todo foron novidades, encontros cos compañeiros e compañeiras e o aprendizaxe das novas normas que marcarán as rutinas deste novo curso. 
 Nas clases constan os carteis sobre o uso da máscara, o lavado de mans e os diferentes procesos que garantirán a seguridade de todos e todas. 
 Aquí vos deixamos unhas fotos de dous momentos das explicacións e vídeo da entrada ao cole.
 


RECORDATORIO DO MATERIAL DIARIO DA MOCHILA

 

Estimadas familias:

Recordámosvos que o material que teñen que traer dentro da mochila todos os días os nenos e nenas de 2º é o seguinte:

-O estoxo, e dentro: 1 lapis, 1 goma, 1 tesoira, 1 pegamento, 1 afialapis, as ceras duras e os rotuladores.
- A axenda.
-A carpeta de clase.
-O caderno de clase.
-A regra.
-Os libros de matemáticas e lingua castelá do 3º trimestre do curso anterior virán na mochila diariamente en función dos que teñan que traer, tendo en conta o horario escolar.

-Cando rematemos os libros do terceiro trimestre do curso anterior, solicitaremos os do primeiro trimestre de Matemáticas, o libro globalizado “Peza a Peza” e Lingua Castelá, pero ata entón non hai que mandalos.

-O material de Educación Física, Lingua Francesa, Lingua Inglesa, Música, Relixión e o bloque debuxo virán na mochila tendo en conta o horario escolar.

-Para a clase só teñen que traer 1 paquete de folios e 1 caixa de panos de papel.

Saúdos 

9.9.20

DOCUMENTOS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Estimadas Familias:
Axuntamos a documentación facilitada pola Dirección do colexio , dos "Documentos de Adaptación á situación COVID-19", neles atoparedes información de interese para abordar a actual situación. Igualmente tedes o Modelo de Declaración Responsable que debe ser asinado e entregado aos titores e titoras. Os documentos quedan permanentemente na cabeceira do blog, para ter un fácil aceso aos mesmos.

 

8.9.20

INFORMACIÓN 2ºEP INICIO DE CURSO 2020-2021


Estimadas familias:

Como este curso non puidemos realizar a reunión prevista para o 4 de setembro, polas condicións sanitarias actuais, nin recibir o material escolar como ben sendo habitual, fixemos un documento que recolle tódolos aspectos de interese para este inicio da actividade escolar o vindeiro venres día 11 de setembro.

 Igualmente axuntamos os horarios dos dous grupos de 2ºA e 2ºB para o voso coñecemento e para que poidades imprimilos.

As axendas escolares volas mandaremos este venres para que poñades os datos persoais. É moi importante anotar os teléfonos actualizados e os enderezos.

Por outra banda lembrade que utilizamos a ferramenta de comunicación Abalarmóbil, polo tanto agradecemos que descarguedes a aplicación para estar correctamente informados e informadas. Se tedes algún problema podedes comentalo na Secretaría do colexio.

Saúdos e grazas pola vosa colaboración!

Xuntas e xuntos podemos logralo!

 

2.9.20

COMEZAMOS O NOVO CURSO 2020-2021

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DE CURSO:

Debido á aplicación do protocolo de adaptación á situación Covid19 no curso 2020/21, queda ANULADA a reunión presencial programada para o vindeiro día 4 de setembro. Igualmente a entrega do material de  2º EP prevista para o 4 de setembro, tamén queda cancelada. Nos vindeiros días vos iremos informando do material que teñen que traer o primeiro día de clase.

INICIO DAS CLASES:

As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro festivo local.
O día 11 de setembro empezará o alumnado de  2ºEP  ás 10.30h  pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto, ata que vos chamemos. 
É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante por alumno ou alumna, que non sexa unha persoa de risco,  
A hora de saída será pola porta principal ás 13.40h.
 Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas desta "nova normalidade" que vos pasaremos nos vindeiros días.

AVISO IMPORTANTE:

Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e polo Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información correspondente a este inicio de curso. Na mesma irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibíchedes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada o primeiro día de curso. 
Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases.

Grazas a todas e todos!!