23.6.19

REVISTA DIXITAL ABRENTE EDLG Nº 39 2019

Rematamos o mes de xuño coa edición de Abrente nº39 do EDLG, na súa versión dixital, cun contido extenso. 
 "Almanaques de Peto" e as "Letras Galegas", son algúns dos grandes temas que tratamos neste número da revista que presenta un novo formato, destacando o traballo do alumnado e profesorado ao longo de todo o curso escolar 2018-2019. 
Abrente convírtese así nun lugar común de todas e todos, poñendo foco aos nenos e nenas de todos os niveis de infantil e primaria, para que teñan o seu espazo e brillen por igual, como é no caso do PDI sobre a Alimentación Saudable:"Bo Proveito!"  e en “Eu son Rosalía” que celebramos o "Día de Rosalía", onde a participación masiva de todo o colexio, profesorado e persoal non docente, é un modelo de integración do gran equipo que conforma o noso centro escolar.
 Proxectos innovadores como LÓVA , "O sistema Solar" e "Illa Fantasía", aparecen como parte deste novo número.
"Lemos aos máis pequenos e pequenas", "Madriñas e Padriños lectores", "Día da Paz", "Día da Poesía e do Teatro", o "Certame anual de Poesía Couceiro Freijomil", que este ano cumpre a súa XI edición, e o "Álbum Bilingüe" , axudan a favorecer que a nosa lingua se incorpore á vida cotiá do alumnado.
Finalmente comentar que Abrente forma parte do gran proxecto do EDLG O GALEGO NAS NOSAS MANS, no que participan, directa ou indirectamente, os 350 alumnos e alumnas  o profesorado, persoal non docente, familias e público en xeral, buscando como finalidade básica, conquistar unha “real” e “efectiva” competencia lingüística no idioma galego no noso centro.
O GALEGO NAS NOSAS MANS pretende ser un proxecto transformador que traslade o noso labor de dinamización dun xeito transversal, animando a todos e todas a levar a cabo os seus proxectos e actividades en galego. Tamén aspira a ser un proxecto inclusivo cunha clara aposta pola igualdade paritaria en tódalas actividades, fortalecendo a representación equivalente de nenos e nenas.

Preme na revista e amplia as páxinas na esquina superior dereita, para ver o seu contido. Tamén podes descargala ou imprimila.

 

22.6.19

FIN DE CURSO 2018-2019: PASAMOS A TERCEIRO!!


Adeus nosos nenos e nenas, foi marabilloso ser os vosos titores durante estes dous cursos escolares e o voso paso polas nosas vidas, queda xa como unha pegada imborrable de agarimo.

Despois de dous cursos de moito traballo e esforzo, por fin logrades o voso obxectivo e pasades a terceiro tod@s xunt@s, continuando con ese gran equipo que formáchedes cando chegáchedes a primeiro.
25N 2017

Fóchedes medrando físicamente, sempre fortalecendo a vosa amizade e así debedes seguir o voso camiño, sen perder ese sorriso e seguir aprendendo a ser boas persoas.

Saúdos da entrada 

O tempo pasa, pero non pasará nunca o cariño que sentimos por tod@s vós, os vosos profes Antón e Graci. Adiante Campións e campionas!!!
2017
2018

A FESTA DE DESPEDIDA

  
 







Ata sempre!!







21.6.19

EXPOSICIÓN DO PROXECTO "BO PROVEITO!"

Este curso o Proxecto Documental Integrado (PDI) do noso colexio, denominouse: Bo Proveito! e estivo vinculado á alimentación saudable.
Neste vídeo facemos un resumo das diferentes actividades que abordamos, especialmente respecto ao animal que eliximos 1º e 2º para traballar : A VACA
Na exposición do proxecto colaboramos profesorado e alumnado e o resultado podedes valoralo vós.


18.6.19

XOGOS POPULARES 2019

Hoxe gozamos na praia de Cabanas dunha mañá de xogos populares excelente, onde houbo compañerismo e traballo en equipo.
Aproveitamos para facer estas fotos de fin de curso e tamén de fin dun ciclo que remata con 2º e abre xa un novo camiño na vida de todos e todas hacia 3º
Non perdades nunca ese sorriso !!!





  

























9.6.19

BO PROVEITO! VISITA Á "CASA DO QUEIXO" DE GRIXALBA


Para rematar o traballo que viñemos a facer durante todo o curso sobre as vacas, dentro do PDI BO PROVEITO!, fomos ver a Casa do Queixo en Grixalba. 
Choveu espeso todo o día, pero nós estivemos quentiños traballando moito para facer queixo, pan e chourizos.
Nada máis chegar déronnos unhas medallas e repartíronnos en grupos, así puidemos compartir con compañeiras e compañeiros  de 1º e de 2º

Despois de atender a como nos iamos a organizar, xa puidemos comer a parva, pois tiñamos moita fame.E logo xa empezamos a traballar nos obradoiros

 Tamén visitamos a granxa e vimos tódolos animais, especialmente as vacas e o cabalo.
A vaquiña non nos quitaba ollo porque xa sabía que era a máis importante de todos os animais, xa que nesta volta, puidemos ver o muxido manual e non o automático, como cando fomos a Vilalba. Pero fixemos unha simulación pois era perigoso facelo na mesma vaca. Xa vedes que Lúa e Roi estaban moi atentos a non verter o leite.
           
           
 Aquí facendo pan
                   
   
                                               Ata os profes gozaron vendo a granxa
 Que ricos os chourizos! Eses fixémolos nós
   
   
Novamente comendo!!!
   
E para rematar, un festival de cancións. Incluindo a Sensén, que nos cantou en chinés. Bravo rapaciños e rapaciñas !! Foi un día cheo de sorpresas.