25.11.20

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A VIOLENCIA MACHISTA

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

Este curso dende a biblioteca propoñemos realizar actividades dentro das aulas respectando os grupos burbulla, polo que os actos serán máis íntimos o que terá a ventaxa de traballar mellor a reflexión aínda que non podamos compartilo como viñamos facendo ano tras ano.

Aquí vos deixamos un vídeo cuia mensaxe poderá chegar a todo o noso alumnado.


Unha cantiga optimista para encarar o futuro :


E agora a nosa proposta para que cada aula poda realizala axustándose ás características das nenas e nenos.

1º visualización desta curtametraxe:


Logo realizaremos barquiños de papel con a técnica amosada no seguinte vídeo ou doutro xeito, barcos grandes, pequenos, de papeis de cores, pintados... Neles podemos escribir un soño. 


 Agardamos sementar no noso alumnado valores de respecto, igualdade e non violencia.

NOVO HORARIO DO ALUMNADO DE 2º B E 2º A DURANTE O CONFINAMENTO

Estimadas familias:

Comunicámosvos que durante os días que nos atopemos confinados, as clases serán por videoconferencia. Deixámosvos aquí os horarios de conexión de 2ºA e 2ºB.

Saúdos e moito ánimo

HORARIO 2ºA

HORARIO B


O OUTONO NO COUCEIRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsáronse diferentes actividades relacionadas con tres festas e celebracións con moita tradición no noso centro.

Os rapaces e rapazas realizaron traballos sobre o Samaín, o Magosto e o Día do Peón.

Aquí tedes nestes vídeos un pequeno resumo dos seus traballos.

 Parabéns a todos e todas polo voso esforzo!!!






5.11.20

SAMAÍN 2020: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E LECTURAS A ESCURAS

 O venres 30 de outubro celebrouse o Samaín no noso colexio.

Aquí vos deixamos unhas fotos.










































Vídeo do colexio coa exposición das cabazas e das lecturas a escuras.


2.11.20

CONFINAMENTO POLA COVID19


Estimadas familias:

Comunicámosvos que si durante o curso se tivera que confinar a toda a clase pola COVID19, a ensinanza sería telemáticamente. As actividades a realizar poñeranse na “Aula Virtual” do colexio e utilizaremos puntualmente para algunhas actividades o blog de aula: “primeiros pasos”

Para acceder a “Aula Virtual” imos á web do colexio:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/

Unha vez dentro da páxina, temos que entrar na “Aula Virtual” que está na parte superior dereita e despois premer en “acceder”. Ponse o nome do usuario e o contrasinal e accederase ás actividades.  Enviaremos pola mensaxería de Abalarmóbil o usuario e o contrasinal de cada alumno-a.

Na páxina web do centro está dispoñible un titorial cos pasos a seguir para acceder a “Aula Virtual”.

Saúdos