14.6.20

PLAN DE RECUPERACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2019-2020



Ante o paso a 2º EP, e tendo en conta as aprendizaxes imprescindibles non adquiridas por mor da alerta sanitaria, realizaremos un "Plan de recuperación" que se levará a cabo ao inicio do curso 2020-2021, desenvolvendo os contidos non acadados no terceiro trimestre do curso 2019-2020 nas diferentes materias.

Por iso é necesario que a principio de curso alumnas e alumnos traian os libros de matemáticas e lingua castelá do terceiro trimestre para poder traballar os temas pendentes.

O terceiro trimestre desenvolvímolo con propostas dixitais mediante o blog de 1º “Primeiros Pasos”e baseouse en actividades de reforzo, repaso e ampliación dos contidos dados na 1ª e 2ª avaliación, seguindo a "Adaptación da programación didáctica do curso 2019-2020". ( Ver na cabeceira do blog)

Polo tanto, e tendo en conta a nova programación didáctica para o terceiro trimestre, os temas e contidos que trataremos no plan de recuperación por competencias, serán os que non se diron ou que requiren un repaso, como é o caso da competencia lingüística.


Competencia lingüística

-Singular e plural (repasarémolo)
-Verbos e tempos verbais (repasarémolo)

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

-Función e valor das diferentes moedas e billetes
-A suma con levada
-Representacións gráficas básicas
-Ferramentas e máquinas
-Descubrimentos e inventos

Competencias sociais e cívicas

-Os medios de transporte
-O paso do tempo










RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE GÜINO PARA ESTE VERÁN

 Güino desexa que proveitades este tempo de verán para pásalo moi ben. Tédelo merecido, especialmente este ano logo dun curso tan duro. Gozade da natureza, das amizades, do deporte… E adicarlle tempo á lectura que vos levará a mil e un lugar. Aquí tedes as súas recomendacións!



Moitas grazas pola vosa colaboración sempre na vida do noso "Xardín do Pasatempo" e parabéns pola vosa participación nas actividades propostas dende que se decretou o confinamento.
                                          ATA O CURSO QUE VÉN!


ACTIVIDADES SEMANA DO 15 ATA O 19 DE XUÑO E PARA VERÁN

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 15 ata o 19 de xuño.

En Matemáticas remataremos o Tema 12, deixando páxinas sen facer que traballaremos o vindeiro curso. 

En Lingua Castelá faremos parte do tema 12 e para a próxima semana podedes continualo  ata rematalo, 

 LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza podedes continuar cas fichas ata rematalas.

 E as materias de Valores e Plástica xa as rematamos ata o curso próximo.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

ACTIVIDADES PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

RECURSOS EDUCATIVOS: Preparamos una serie de recursos, para que mediante xogos fagan repasos de temas que fomos traballando durante estes meses. Igualmente tedes moitos recursos á vosa disposición en "Pescuda aquí"na columna lateral esquerda do blog.




Tamén dispoñedes de Recursos Educativos no Couceiro Orienta que tedes na cabeceira do blog  e dos que destacamos:

REMATAMOS AS ACTIVIDADES SEMANAIS DE 1º

Coas actividades desta semana, rematamos un período de tres meses que comezou o 14 de marzo e que finaliza o 19 de xuño. Meses de esforzo nos que nós, como titores, e todo o profesorado especialista, tratamos de continuar o proceso de aprendizaxe, mediante un plan de traballo semanal que evitara, na medida do posible, o problema de non ter as clases presenciais. 

Grazas pola vosa axuda, imprescindible para que os nenas e nenas non perderan  o ritmo de traballo nin as rutinas de estudo. Agora é tempo de que saían e gocen das vacacións, que compartan coas súas amizades e traten de pasar páxina do tempo de confinamento, que abordaron como auténticos campións e campioas.

Unha aperta da nosa parte, esperando que cheguen tempos onde poidamos gozar de momentos tan felices coma estes.



 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e bo verán!!

RECURSOS EDUCATIVOS 1º PARA REPASAR ESTE VERÁN

RECURSOS EDUCATIVOS

Preme sobre as imaxes para ir a diferentes actividades e así vas repasar e aprender xogando.

-Se premes sobre esta imaxe o tema trata de: "A alimentación saudable"
http://servicios.educarm.es/cnice/epssd1/sd1_00_00.html

-Se premes nesta outra lévache a diferentes xogos.
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/12_hawaii_connection/index.html

-Se premes nesta imaxe tes varios xogos sobre os animais.
http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/01/animaciones/a_fa09_00.html

-Preme en calqueira das seguintes imaxes para divertirte facendo matemáticas.
https://vedoque.com/html5/matematicas/SerieNumerica/

https://vedoque.com/juegos/matematicas/dados/

Island Chase Subtraction en App Store

Juegos de restas para niños | Árbol ABC

-Preme nunha destas imaxes para divertirte facendo  lingua castelá.

https://arbolabc.com/lectores-emergentes/silibas-encantadas

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=ClaseVedoque&l=es


TEMA 12 DE MATEMÁTICAS: 2ª PARTE

Nesta semana continuaremos con algunhas páxinas do tema 12. As páxinas que faltan, deixarémolas para facer o curso próximo.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Números Ordinales"nas páxinas 158 e 159 "Líneas rectas y curvas. Abiertas y Cerradas"páxinas 162 e 163 e "Repaso de la Unidad"páxina 154


Mira este vídeo para comprender mellor os números ordinales:

TEMA 12 DE LINGUA CASTELÁ

Nesta semana iniciaremos o tema 12 no que aprenderemos:

Lectura y escritura de palabras, oraciones y textos.
Comprensión del sentido general de un texto oral.
Distinción entre el masculino y el femenino en los artículos
 Masculino y femenino en los nombres.
Uso correcto en la regla ortográfica de la g: ga, go, gu; de gu: gue, gui; y de gü: güe, güi.
Narración de escenas de forma oral y escrita.

O resto do tema e os 13, 14 e 15 os remataremos pouco a pouco nos meses das vacacións, para non esquencer o que levamos aprendido e chegar a 2º con moito ánimo.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Faremos a lectura de "Historia de una nube"nas páxinas 180 e 181, pouquiño a pouco, fixándonos ben e lendo en voz alta. Tedes que ler facendo as pausas correspondentes (puntos e comas), coa entoación axeitada e unha pronunciación correcta.
Despois faremos o debuxo do libro con todos os detalles, repasando co rotulador e dándolle as cores sen sair por fóra.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos o "Comprendo a Lectura"páxinas 182 e 183 e "Aprendo la Lengua"páxinas 184 185 onde traballaremos Los artículos que xa díramos en clase e que agora estamos reforzando. Escoita o seguinte vídeo para recordar en que consisten e mira os cadros. Para finalizar faremos "Taller de Escritura"páxinas 186  e 187.

EL ARTÍCULO | idegomsulpri4l41












7.6.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 8 ATA O 12 DE XUÑO. ENTREGA DO MATERIAL ESCOLAR DE 1º

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 8 ata o 12 de xuño.

En Matemáticas iniciaremos o Tema 12.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, continuaremos ca 3ª parte do tema 11.

Traballando Valores en tempo de confinamento, inicia a 2ª parte de: “Habilidades Sociais.” 

 E en Plástica traballaremos: "Facemos un Cómic.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog. 


RECOLLIDA DO MATERIAL ESCOLAR DE 1º

Os días luns 8 e martes 9 de xuño, estará dispoñible para no corredor principal do colexio, o material escolar deste curso. O resto dos días xa corresponden a outros grupos, así que é importante que se desexades recollelo, veñades nesas datas en horario escolar.

Pode facer a recollida calquera familiar ou persoa asignada pola familia. As familias que teñades máis dun fillo no colexio, recomendamos que veñades un único día (o último de entrega dun deles). 

Para a entrada no centro será preciso acudir con "mascarillas", mantendo as medidas de hixiene e distancia de 2m., co fin de garantir a seguridade de todos e de todas.

 A recollida farase solicitando a presenza da Titora ou o Titor e entrando no colexio unha persoa de cada vez. 

Lembrade traer os libros que levaron nenos e nenas, como préstamo da biblioteca, o día que veñades á escola a recoller o material. Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes os libros.

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo, que xa falta pouco!!

TEMA 12 DE MATEMÁTICAS

Esta semana  iniciaremos o Tema 12.

Con las actividades de la unidad, pretendemos que se adquieran los conocimientos siguientes:
Los números del 90 al 99.
- La composición y descomposición de los números del 90 al 99 utilizando correctamente los conceptos de unidad y de decena.
 -Lectura y escritura de los nombres de los números del 90 al 99.
 -Escritura al dictado de los números hasta el 99, relacionando el nombre del número con su grafía.
Operaciones de restas sin llevar.
Números ordinales.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Vamos ler : "A todo vapor"na páxina 152.
-Contesta oralmente ás seguintes preguntas:
  • ¿Quién lleva un número en su camiseta y qué número es?
  • ¿Cuál es el número anterior? 
  • ¿Y el posterior? 
  • ¿Cuántas decenas tiene ese número?

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Qué sabemos"na páxina 153 e "Números de 90 al 99"páxinas 154 e 155

EXPRESIÓN ORAL:
Comenta as seguintes preguntas relacionadas ca ilustración da páxina 152:
  • ¿Ayudas a preparar la cena?
  • ¿Cuáles son tus tareas en casa? 
  • ¿Has visto cómo hierve el agua? ¿Sabes por qué sale ese humo?
  • ¿Qué piensas que pasaría si al abrir el grifo no saliera agua?
  • ¿Es importante el agua en tu vida?
VÍDEO:

TEMA 11 DE LINGUA CASTELÁ: 3ª PARTE

Nesta semana traballaremos os cómics e faremos o repaso do tema 11.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Le esta poesía de Federico García Lorca e comenta de que se trata
El lagarto está llorando - Federico García Lorca - Poesía infantil ...
 «El lagarto está llorando»

El lagarto está llorando.
La lagarta está llorando.
El lagarto y la lagarta
con delantalitos blancos.
Han perdido sin querer
su anillo de desposados.
¡Ay, su anillito de plomo,
ay, su anillito plomado!
Un cielo grande y sin gente
monta en su globo a los pájaros.
El Sol, capitán redondo,
lleva un chaleco de raso.
¡Miradlos qué viejos son!
¡Qué viejos son los lagartos!
¡Ay, cómo lloran y lloran,
ay, ay, cómo están llorando!

 Federico García Lorca

1-.Agora responde ás seguintes preguntas:
  • ¿Quién está llorando?
  • ¿Qué han perdido el lagarto y la lagarta?
  • ¿Qué lleva puesto el Sol?
  • ¿Cómo son los lagartos?
2-. Para rematar fai un debuxo da lagarta e do lagarto que tes ao principio do poema.

3-.Agora escoita como recita esta preciosa poesía a Cuentacuentos Beatriz Montero e despois recita ti estes versos coa entoación correcta.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Me expreso"nas páxinas 176 e 177 e "Repaso de la unidad" nas páxinas 178 e 179.

En "Me expreso", trataremos los cómics. Un cómic se lee de izquierda a derecha y en fila. Es muy importante la entonación, es decir, poner la voz diferente para cada personaje y marcando si es una pregunta ( interrogación ( ¿? ) o una exclamación (admiración (¡ !)
Llamamos Viñetas a cada uno de los cuadrados en los que aparecen los personajes o los lugares y Bocadillos donde se escriben las conversaciones de lo que dicen
Mira con atención o seguinte vídeo de Aula 365 "¿Qué son las historietas?"
En este caso se refieren a los cómics como "Historietas" y a los bocadillos como"Globos"

Ditado: 
Facede o ditado no libro

Actividade 5 da páxina 179
¿Dónde está mi cuaderno nuevo?
¿El verde o el rojo de rayas?
El verde. ¡Es el que más me gusta!
Lo dejé en clase… ¡Lo siento!

EXPRESIÓN ORAL:
Resolve oralmente estes exercicios.

 1-.Mira o cómic da páxina 176.

Explicar  qué es lo que les sucede a Raúl y a Clara. Comentar si han actuado bien, si están arrepentidos…

2-.Mira os cómics das páxinas 176 e 177 e despois pecha o libro para contestar de memoria as preguntas.

  – En el primer cómic:

  •  ¿De qué color es la bicicleta de Clara? ¿Y la de Raúl?
  •  ¿Cómo va vestido cada uno? 
  • ¿Llevan casco para montar en bicicleta?

– En el segundo cómic:

  •  ¿A qué jugaban las dos niñas?
  •  ¿Cómo es el pelo de cada una? 
  • ¿Dónde estaba la gorra?
  •  ¿Quién lleva el pantalón más corto?

VÍDEOS:
Mira estes vídeos e fai o teu propio cómic

TEMA 11 DE "XUNTOS" (LINGUA, CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): 3ª PARTE

A Tarefa Competencial que imos traballar neste tema é: "A auga é un ben prezado é fráxil" que ten como finalidade facer reflexionar ao alumnado sobre o consumo da auga e a necesidade de non malgastala.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
-Lectura: "Para que usamos a auga?", esta actividade podela contestar oralmente, e "Protexamos a auga!".

Vocabulario
  • Billa: grifo
- Ademais dos usos da auga que pon na lámina, di para que máis se pode usar?

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
-Le os fragmentos deste suceso que están desordenados.
1.- A continuación cópiaas no teu caderno de forma ordenada seguindo a orde das viñetas.

2.- Observa a lámina e completa no teu caderno a actividade de abaixo con estas palabras: soleado, longa, azul, de cores, riquísimo.

-A ringleira de formigas é _____________________
-Hai moitas bolboretas________________________
-As abellas fan un mel________________________
-O día está_____________ e o ceo______________

3.- Facer a ficha que tedes fotocopiada, correspondente ao Tema 11: ficha AV.



4.- Ditado

-A profesora observa como aprendemos.
-O iogur está azucrado.

Vocabulario
  • Observa: mira.
  • Azucrado: doce (dulce).
EXPRESIÓN ORAL
-Resolve oralmente as seguintes actividades:

1.- Completa.
-As plantas toman o alimento polas____________
-As plantas respiran polas___________________

2.- Di que parte da planta son os seguintes debuxos.

3.- Observa e explica porque o carballo é unha árbore.
4.- Debuxa no caderno as árbores e complétaas segundo a estación do ano que se indica. 


 VÍDEOS:
Vídeos sobre utilidades e curiosidades das plantas.



Vídeos sobre o tempo atmosférico e a diferencia entre tempo e clima.



VALORES EN TEMPOS DE CONFINAMENTO: "HABILIDADES SOCIAIS" 2ª PARTE

O COMPAÑEIRISMO

O compañeirismo trata de valores como o respecto cara aos demais e en concreto cara aos compañeiros/as de clase. A importancia colaborar e cooperar os uns cos outros para conseguir resultados maiores. E a importancia de poñer en práctica a solidariedade no día a día, inculcando ao alumnado a que axude e apoie sempre que estea na súa man.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

O VALOR DO COMPAÑEIRISMO


Os verdadeiros amigos/as son os/as que nas alegrías están contigo cando os/as chamas e nas tristezas están contigo sen que os/as chames.
Ter ou recordar a un amigo/a fará que te sintas máis contento/a.

EXPRESIÓN ESCRITA:

-Agora podes facer un debuxo do teu grupo de amigos imprimindo a seguinte ficha. Se non tes impresora, podes facelo nun folio.


EXPRESIÓN ORAL:
Observa o seguinte debuxo e contesta oralmente as preguntas.



- Explica por que cres que estes/as nenos/as son amigos/as?

- Di tres actividades que che gustaría facer cos teus amigos/as?
- Destes obxectos que ves na lámina, cales prestaches ultimamente aos teus compañeiros/as?


- Di outros obxectos que tamén lles prestaras algunha vez?


VÍDEOS
-O valor do compañeirismo.



-Neste vídeo ademais fainos unha reflexión sobre o compañeirismo e valores que se aprenden.



Valores que se aprenden neste curto
  • Este curto ensínanos que actuando XUNTOS podemos solucionar facilmente os problemas que actuando por separado.
  • Ademais ensínanos que o COMPAÑEIRISMO é necesario para que unha clase funcione ben e  todos/as esteamos a gusto.
  • E que o máis importante é ser AMABLE e RESPECTUOSO cos teus compañeiros/as para axudarnos os uns aos outros.
-Despois de ver o vídeo ordena oralmente segundo sucede.
  • O neno abre a súa caixa do almorzo pero non ten nada no seu interior.
  • Cando volve a clase, descobre que cada compañeira/o deixou un anaquiño do seu almorzo na súa caixa. Xa pode almorzar.
  • Un neno está na súa clase e soa a campá. É a hora do almorzo.
  • Entón decide saír da clase, dar un paseo e bebe auga.

PLÁSTICA: FACEMOS UN CÓMIC

Aproveitando que en Lingua Castelá esta semana a dedicamos aos cómics e que tendes uns vídeos para aprender a facelos, agora o teu reto será deseñar o teu propio cómic. Aquí tes un exemplo.

Para empezar, fai a primeira ficha: "Unha excursión moi divertida"onde seguindo o modelo, farás tres viñetas dunha excursión que ti fixeras co cole.

Na segunda ficha pon o título no recadro e escribe os diálogos nos "bocadillos". Finalmente colorea ben as personaxes. Verás que ben te queda!!











5.6.20

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DA BIBLIOTECA

Lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca o día que veñades á escola a recoller o material.
 Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes os libros.



1.6.20

NOVIDADES INTERESANTES EN "COUCEIRO ORIENTA"

Preme na imaxe e para ir a actividades de comprensión da linguaxe oral con piratas, superheroes e unicornios, que publica Couceiro Orienta. 
Lembra que podes consultar todas as súas publicacións dende a cabeceira do noso blog, premendo COUCEIRO ORIENTA.










INICIATIVAS DA BIBLIOTECA: "SEMENTEIRA DE PALABRAS" E "CONTOS CONFINADOS"


Preme nas imaxes para ver a presentación de Sementeira de Palabras e  a publicación de Contos Confinados, que vos propón  mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos que podedes ler nas presentacións: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Non esquezades poñer o voso nome e curso.

Lembrade que para ver todas as publicacións da biblioteca, podedes premer na cabeceira do blog en BIBLIOCOUCEIRO.