Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

13.10.19

CONCERTO DE CORDA NO COLE

Asistimos a un concerto didáctico no colexio, onde aprendimos as características do violín e do violoncello ou violonchelo. Os nenos e nenas amosáronse moi interesados polas explicacións dos músicos e puideron tocar algunhas notas co violín. Tamén descubriron que se utiliza pelo de cabalo e resinas, para construír os arcos que friccionan as cordas e que son capaces de facer sons. 
Unha experiencia que pode entusiasmar a algúns ou algunhas a estudar música!!!











Aquí podedes ver o proceso do pelo de cabalo (crina) para transformarse en arcos dos violíns e dos violoncellos.

 Las crines pasan por un riguroso proceso de lavado, peinado y selección antes  de ser almacenadas




1.10.18

4.2.18

OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO 1º

Nos temas 6 e 7 de Matemáticas temos que aprender os días da semana e os meses do ano e nada mellor que estos temas de Pirilampo e Mamá Cabra para aprendelos en galego e do Monosílabo e de Nícola Cavernícola para castelán. Ánimo!!!

23.12.17

NADAL 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

 E para rematar, aquí vos deixamos o baile que fixemos no Festival de Nadal e os debuxos dos peixes da canción. O esforzo das nenas e nenos de 1º de Primaria foi moi importante, pois teñen 6 anos e fixeron un traballo correspondente a 2º. Parabéns a todos a todas e BO NADAL !!!! 




A FESTA 

Houbo momentos para todo e tamén para gozar cos compañeiros e compañeiras das cousas ricas que trouxeron e que compartiron. Bailaron, xogaron e saudaron aos amigos e amigas e ata aos familiares de outras clases. Xa ulía polo colexio a Nadal.




A NOSA CARTA DE DESEXOS 

Xa entregamos a nosa Carta de Desexos aos Paxes e pedimos agasallos para nós e para as nosas familias. Non nos esquecinmos de pedir tamén solidariedade para o mundo e Paz para os países en guerra. Xa me tardan estes Magos!!!