17.2.21

ENTROIDO MEDIEVAL NO COUCEIRO 2021

Este ano celebramos o entroido no colexio de forma diferente pero sen deixar de lado a diversión.
Os alumnos e alumnas de 2º A e B tiveron que completar unha xincana medieval que incluía distintos retos e actividades. Superar tantos obstáculos non semellaba unha tarefa doada, pero con esforzo e ilusión todo o alumnado de 2º puido conseguilo.
Como resultado, lograron o medallón de Pontedeume e foron nomeados cabaleiros e cabaleiras da Real Vila de Pontedeume durante a celebración.
Parabéns para os novos cabaleiros e cabaleiras de Pontedeume!

Fotos do Entroido Medieval de 2ºA e 2º B.



























Vídeo dos circuítos onde tiveron que superar os retos todo o alumnado do Couceiro.