26.4.20

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO


Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 27 de abril ata o 1 de maio.

En Matemáticas a primeira parte do Tema 10, non a puxemos porque moitos e moitas, xa a foron facendo estes días atrás. Se alguén quedou pendente de rematala, podedes ir avanzando ao voso ritmo. Esta semana faremos a tarefa competencial “Visita al Museo del Ferrocarril”e o repaso do segundo trimestre.

En Lingua Castelá e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Naturezacomezaremos o Tema 10.  

Todas as materias dispoñen de actividades específicas de: Comprensión Lectora, Comprensión e Expresión Escrita e Expresión Oral.

Tamén incluímos " Traballando Valores en tempo de confinamento " destacando “Perseveranza” e os avós e avoas como modelos a seguir

Para finalizar propoñemos a participación na convocatoria do Concello: “Maios na Casa” como parte da actividade de Plástica.

Todas as entradas do blog das semanas anteriores teñen vídeos educativos que podedes repetir como repaso dos temas. Para acceder a todo o material, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog e podedes ver o publicado durante o confinamento

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, estarán dispoñibles na cabeceira do blog.

Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil mediante unha mensaxe, garantindo a vosa privacidade, ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com

Saúdos e moito ánimo!!

MATEMÁTICAS: REPASO DO SEGUNDO TRIMESTRE

Esta semana continuaremos co repaso trimestral dende o Tema 5 ata o Tema 10 e unha tarefa competencial

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Libro Matemáticas 1, 2º Trimestre:  Ler e comentar "Tarea :Visita al Museo del Ferrocarril" páxina 136.
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Facer a páxina 137 e o Repaso Trimestral, páxinas 138-139.

EXPRESIÓN ORAL:

Problemas para resolver oralmente:

1-.


2-. Responde: 

¿Cuánto tiempo ha pasado?


– Si empezamos matemáticas a las 10:00 y termina a las

11:00, ¿cuánto dura la clase de matemáticas?

– Si el recreo empieza a las 11:00 y termina a las 11:30,

¿cuánto dura el recreo?

– Si la charla del monitor comienza a las doce y media y

acaba a la una, ¿cuánto tiempo dura la charla?

VÍDEO:

LINGUA CASTELÁ: TEMA 10

Esta semana comezaremos o tema 10 
A través das diferentes actividades propostas na unidade, preténdese que os alumnos e as alumnas adquiran os seguintes coñecementos:
Lectura e escritura de palabras, oracións e textos coas letras e as sílabas xa coñecidas.
Comprensión do sentido xeral dun texto oral.
Identificación dos artigos: el, la, los, las, un una , unos, unas
Escritura de maiúscula nos nomes propios de persoas, animais e lugares, como pobos e cidades.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Libro Lengua 1º Anaya. 2º Trimestre: Lectura de: "El viaje de Gulliver" (páx. 148-149) e fai un debuxo da ilustración que aparece no libro. Mira ben os detalles







COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Faremos "Comprendo la lectura"nas páxinas 150 e 151 e "Aprendo la Lengua" nas páxinas 152 e 153 

Ditado:
Enrique es un señor muy amable. María es una señora que está embarazada. Juan iba sentado en el autobús y le cedió el sitio a María. Ella, complacida, le dio las gracias y le regaló una sonrisa. (Ver vídeo)




EXPRESIÓN ORAL:
Estuda os artigos e fai frases oralmente con todos eles



VÍDEOS:

TEMA 10 DE XUNTOS ( LINGUA-C.DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS): TAREFA COMPETENCIAL

Os obxectivos que se pretenden nesta unidade son:
· Escoitar e comprender un poema de forma oral.
· Ler e escribir textos breves formados cos grupos consonánticos estudados (cr, cl, gr, gl) e responder axeitadamente as preguntas de comprensión lectora.
· Interiorizar, de forma non teórica, o concepto do nome.
· Coñecer as principais características dos animais en perigo de extinción.
· Coñecer as principais características dos réptiles e dos insectos.
· Identificar algunhas características do aire e a auga e os prexuízos da contaminación.
· Coñecer nocións básicas sobre o sol, a lúa, as estrelas e a Terra.
· Diferenciar entre o día e a noite.


Iniciaremos este tema 10 mediante a Tarefa Competencial. "Animais en Perigo"
Esa tarefa céntrase nos animais en perigo de extinción e na actitude que debemos inculcarlles aos pequenos  e pequenas, para que repecten o seu hábitat e forma de vida. 

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Le e fai un debuxo do poema:

Unha dúas e tres
eu salto as ondas
con só un pé.

O sol polas tardes
xa non é amarelo,
reloce brillante,
no medio do ceo.

O mar coas ondas
convídao a xogar,
e el pouquiño a pouco
acóchase no mar

Búscano as ondas,
agora van, agora veñen,
coa brisa xogando,
tamén se entreteñen.

Eu sigo na beira
e xogo tamén,
saltando nas ondas
con só nun pé.

Vocabulario:
  • ondas: olas
  • reloce: reluce
  • acóchase: escóndese
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Copia o seguinte texto no caderno e contesta ás preguntas:

Nome:_________________________________
Como é?:______________________________ 
Aliméntase de:__________________________
Reprodúcese por: _____________________   _

Vocabulario:
  • acocho: escondite
  • pintas: manchas
EXPRESIÓN ORAL:
A seguinte actividade facedea oralmente, comentando que pasou co golfiño:

VIDEOS:
Mira estes vídeos de animais en perigo de extinción e da natureza.








PLÁSTICA: MAIOS FEITOS NA CASA

Xa ven o maio e con el a Festa dos Maios que este ano vai ser dende a casa, pero para que non vos esquezades de como a celebramos no cole, máis abaixo tendes o que fixemos o curso pasado, premendo na imaxe da foto dos profes levando o maio de 1º e 2º e 3º
Tamén vos animamos a participar na convocatoria do Concello que vos permitirá traballar flores de cartón, de papel e ata con botellas de plástico. Veredes que divertido!!
Para rematar a canción Ahí Ven o Maio, música de Luis Emilio Batallán e letra de Manuel Curros Enríquez.

COMUNICADO DO CONCELLO

FESTA DOS MAIOS DE PONTEDEUME DENDE A CASA:

A Festa dos Maios é, sen dúbida, unha das nosas tradicións de máis arraigamento.

A exaltación da luz, das flores, da natureza e do autóctono chega a nosa vila todo os anos o día 1 de maio en forma de figuras florais e coplas que enchen a noso Xardín e Alameda de rapazas, rapaces e cores.

Este ano non poderemos festexala coma sempre, pero non queremos deixar de acudir a esta cita tan eumesa.

POR ISO, PROPOÑEMOS A CELEBRACIÓN DO MAIO NA CASA.

Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.

Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.

Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!
E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa. Que a cultura non pare!

Deixamos aquí uns enlaces que poden servir de axuda:

👉 Flores de papel: https://www.youtube.com/watch?v=zp1z9yFy1rA

👉 Flores de cartón: https://www.youtube.com/watch?v=8ppk3BWF63Q

👉 Flores feitas con botellas:
https://www.youtube.com/watch?v=4uP0yAbDE_U
https://www.youtube.com/watch?v=IYkxMK844hM
Construír un castelo con caixas de cartón: https://www.youtube.com/watch?v=X1BK7aULECM
Construír un avión cunha botella: https://www.youtube.com/watch?v=T5kQiJxCkg4

Ánimo a todos e todas!
#pontedeumemaiosnacasa


La imagen puede contener: texto

Premede na imaxe para ver a Festa dos Maios do curso pasado:


VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO

Esta semana traballaremos un pouquiño un valor moi importante: A Perseveranza- La Perseverancia, que quere dicir que tes que ser constante no teu traballo cada día e non hai mellor modelo a seguir que os teus avós e avoas. Fíxate neles, levan toda unha vida traballando e inda teñen tempo para axudar á familia e sempre andan pendentes de ti. 
Mira a imaxe e pensa que é o que che fai máis feliz de compartir cos teus avós e avoas. Xa o sabes?, pois fai un debuxo, deses que ti sabes facer cando te esforzas moito, e regálallo a eles cando poidas velos novamente. 
Segue avanzando nas túas tarefas que o estas facendo moi ben. Ánimo!!


VÍDEOS:

Nestes vídeos Os Bolechas tamén falan do avó.

21.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL 2020

Xa temos o vídeo!!! Grazas a todas e todos por participar neste precioso proxecto.

 

Preme na imaxe e participa na proposta de celebración da Biblioteca para o Día do Libro o vindeiro 23 de abril. Fai unha foto orixinal lendo un libro que te encante. Con todas as fotos faremos un vídeo e ti tes que estar nel. Participa e anima a túa familia a participar!!


Tamén o Concello fai unha proposta para esta data tan especial. Aquí vola deixamos:

Proxecto "Ti das cor á nosa vila".

Durante estes días e ao longo do mes de maio, publicaremos ilustracións para que os máis pequenos da casa den o seu toque de cor a eventos xa arraigados no noso calendario.

Estarán dispoñibles en formato pdf para poder imprimir e colorear ou pódese descargar a imaxe en formato jpg para poder coloreala desde algunha aplicación do ordenador.
Os rapaces e rapazas que están a facer uso do servizo "deberes na casa" recibirán as ilustracións xunto coas súas tarefas escolares semanais.

Unha vez finalizado o debuxo podedes subilo ás redes sociais coa lenda #tidascoranosavila e etiquetando ao Concello de Pontedeume. Todos os traballos serán recopilados e aparecerán publicados no vindeiro libro das Festas das Peras.

Así que este xoves as pequenas e pequenos da casa teñen unha cita ineludible coa cultura xa que celebramos o Día do Libro.

Deixamos nos seguintes enlaces os arquivos pdf para a súa impresión e contamos coa vosa colaboración.
Ti das cor ao Día do Libro: http://www.pontedeume.gal/temp/DasCor_Libro.pdf

#pontedeumequedanacasa

20.4.20

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Estimadas Familias:

 Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 20 ata o 24 de abril.

En Matemáticas repasaremos o Tema 10 do libro, na parte correspondente ao Reloxo Dixital, con vídeos educativos para poder facer as tarefas correspondentes e así rematar o tema. A  vindeira semana, fortaleceremos os coñecementos adquiridos mediante o repaso trimestral do segundo trimestre.

 En Lingua Castelá  e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Naturezacontinuaremos o Tema 9 mediante fichas de repaso.

Todas as materias dispoñen de actividades específicas de: Comprensión Lectora que inclúe  unha parte de vocabulario e Comprensión e Expresión Escrita con ditados ou problemas. Deste xeito tratamos de cubrir os diferentes aspectos que desenvolvemos a diario nas clases presencias.

Esta semana incluímos " Traballando Valores" enfocados cara a unha reflexión sobre o confinamento no que nos atopamos e que tan difícil é para os nenos e as nenas.

Todas as entradas do blog das semanas anteriores teñen vídeos educativos que podedes repetir como repaso dos temas. Para acceder a todo o material, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog e podedes ver o publicado durante o confinamento

Unha novidade importante é que, a partires de agora, as actividades das  especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, estarán dispoñibles na cabeceira do blog. Premendo en cada nome abren os seus blogs  e así tendes acceso ás súas publicacións. Igualmente engadimos vínculos á páxina web do colexio, ao blog da biblioteca e ao do departamento de orientación

Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil mediante unha mensaxe, garantindo a vosa privacidade, ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

19.4.20

T10 MATEMÁTICAS (2ª PARTE)


O RELOXO DIXITAL:
Esta semana continuaremos co reloxo dixital no tema 10.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Libro Matemáticas 1, 2º Trimestre:  Ler e comentar a ilustración na páxina 132 onde se explica as partes dun reloxo dixital.
É importante indicar que o número ou números que representan as horas están situados á esquerda, e despois dos dous puntos veñen os minutos.
Destacar que no reloxo dixital a hora en punto está representada por dous ceros (00) e a media hora polo 30, que indica 30 minutos.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Facer: "El reloj digital" actividade 1 da páxina 132 e toda a páxina 133 e o Repaso da Unidade nas páxinas 134 e 135

Na actividade 3 da páxina 133 é mellor que debuxen as agullas dos reloxos analóxicos de diferentes cores para facilitar a súa identificación. Faremos a agulla da hora vermella e a dos minutos en azul. Do mesmo xeito, no reloxo dixital os números da hora en vermello e os minutos en azul. Se non tendes estas cores na casa, elixide outros, e se non tedes cores, que o fagan co lapis.

Problema:
Elixir a resposta correcta, despois de ler atentamente os enunciados.

Irene tiene en su casa 4 relojes de pulsera y 3 despertadores. Ainhoa tiene un reloj de cocina, un reloj de cuco en el salón, 2 tabletas y 3 relojes de pulsera.

– Irene y Ainhoa tienen los mismos relojes.
– Ainhoa tiene más relojes que Irene.
– Entre las dos tienen 12 relojes.

VÍDEOS

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS) : FICHAS

Esta semana continuaremos co tema 9 mediante fichas de repaso do xa aprendido.

 LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Le este poema e estuda o vocabulario. Fai un debuxo dunha quenlla seguindo o vídeo

A quenlla vai ao dentista

Á consulta do dentista,
chegou coxeando unha quenlla,
porque hai máis de tres días,
que sofre unha dor tremenda.
—Sente —dixo o dentista—
e deixe aquí o bastón,
abra moi grande a boca
e non a peche por favor!
O dentista tremeu de medo
cando a quenlla abriu a boca,
pensando que pasaría
se espirra con forza.
—Non se asuste, bo dentista
—dixo a quenlla sorrindo.
Que se como un doutor
dóeme o bandulliño.

Vocabulario:
  • quenlla: tiburón. 
  • dor: dolor
  • tremeu : tembló
  • espirra: estornuda
  • bandulliño: estómago


COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

Ditado:

 Disfruta da natureza e mergúllate nela, pero deixa todo como estaba antes de ti chegares.

 FICHAS:

Para facer as fichas, repasade os vídeos e as actividades que fixemos nas semanas anteriores. Tamén consultade o vídeo que aparece seguidamente, para lembrar a separación das sílabas que xa temos estudado en clase.



VÍDEO:

TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ: FICHAS


Esta semana continuaremos co tema 9 mediante fichas de repaso do xa aprendido.

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Libro Lengua 1º Anaya. 2º Trimestre: Repasa a lectura de: "Los peces van a la escuela" de Gloria Fuertes (páx. 140) e fai un debuxo da ilustración que aparece no libro. (Ver vídeo)




COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

Ditado:

Un torero tenía un perro. Al perro le gustaba perseguir ratones. El ratón Ramón le puso polvos de pica-pica en el hocico y el perro del torero Perico nunca más volvió a perseguir ratones. ( Ver vídeo)



FICHAS: 



VÍDEOS:

TRABALLANDO VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO

Le e fai unha reflexión sobre estes tres valores que nos axudan na convivencia e logo podes ver o vídeo  do Galo Quirico que ía a voda do tío Perico e polo seu mal comportamento, acabou nunha pota.
Remata a actividade facendo un debuxo sobre o que che inspirou a lectura.

Responsabilidade: Facer tarefas na casa que axuden a convivir en familia, especialmente mentres estamos confinados sen poder saír. Cumprir coas actividades escolares mentres estamos na casa e non esperar a que me obriguen a facelas.

Respecto: Expresarse correctamente e con amabilidade, dirixíndose aos outros con palabras e xestos agradábeis, coma un sorriso, sempre facilitan o entendemento. Non uses alcumes nin palabras ou expresións molestas que poidan ferir a outros. Nestes tempos nos que sempre estamos na casa coa nosa familia, é aínda máis importante que respectes aos que viven contigo e que non discutas por calquera cousa. Pensa que todos teñen tan difícil, coma ti, permanecer pechados sen poder saír.

Puntualidade: Estar organizado para facer as cousas, de xeito que respectemos o tempo establecido para: comer, ir para a cama ou facer as tarefas escolares. Aplaudir ás 8 da noite para recordar as traballadoras e traballadores sanitarios que coidan de nós contra o coronavirus, tamén é un xeito de ser puntuais e amosar respecto polas normas e polos demais.

13.4.20

ACTIVIDADES DA SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

 Estimadas Familias:


 Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 14 ata o 17 de abril.
En Matemáticas repasaremos o Tema 9 do libro, na parte correspondente ao Reloxo Analóxico, con vídeos educativos para poder facer as tarefas correspondentes, tal e como vos anunciamos a semana pasada.
 En Lingua Castelá traballaremos a 2ª parte do Tema 9, ata rematalo, e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, seguiremos coas fichas da semana anterior, para @s que non puideron rematalas, incorporando novos exercicios baseados en lendas da nosa contorna.
Todas as entradas do blog da semana anterior incluían vídeos educativos que podedes repetir como repaso dos temas, para abordar as partes dos mesmos que seguiremos traballando.
Lembrade que as propostas de actividades son tentativas e as podedes axustar segundo as vosas posibilidades familiares e que as tarefas que non se poidan imprimir, poden facerse nun caderno véndoas dende a pantalla do ordenador.
Para rematar, comentarvos que engadimos unha icona denominada CORONAVIRUS na cabeceira do blog, onde podedes atopar todo o publicado durante o período de confinamento.
Lembrade que podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

TEMAS 9 DE MATEMÁTICAS: (2ª PARTE)

TEMAS 9: O RELOXO ANALÓXICO

As partes correspondentes ao reloxo analóxico, que quedaran pendentes no tema 9, vamos dalas esta semana, traballando:
Interpretación, lectura e escritura da hora nun reloxo analóxico:
- Hora en punto.
- Hora e media.


LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:


Matemáticas 1º Editorial Anaya 2º Trimestre Tema 9 "El mar en casa".
Ler e comentar a ilustración na páxina 120 onde explica as partes dun reloxo analóxico.


COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

Traballaremos no libro a actividade 1 da páxina 120 e todas as actividades da 121.

 Tamén  as actividades 5 e 6 da páxina 123 do Repaso da Unidade.

VÍDEOS:

 

XOGOS EDUCATIVOS:

Preme a imaxe









VÍDEO DE SUMAS DE TRES SUMANDOS ABN PARA 1ºA

Aquí vos comparto un vídeo de sumas con tres sumandos polo método ABN para o alumnado de 1ºA. É importante que o traballedes con palillos e facendoo coas reixas onde se colocan os números. Isto é para ir adiantando, no caso de que teñades dúbidas ou non entendades non vos preocupar, xa as comentaremos na clase.


FICHA DE REIXAS PARA TRABALLAR AS SUMAS DE TRES SUMANDOS.
Se non tedes impresora, podedes facelas copiando nunha folla co lapis,  calquera dos dous modelos.


TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ (2ª PARTE)

TEMA 9 DE LINGUA CASTELÁ (2ª PARTE):
Esta semana continuaremos co tema 9 ata finalizalo:

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:

Libro Lengua 1º Anaya. 2º Trimestre:"La Aventura de Sardinete" (páx. 134-135) Repaso da lectura. 

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
  • Traballaremos no libro os apartados:  Me expreso (páx. 144-145), Repaso de la unidad ( páx. 146-147)
  • Ditado da actividade 5 (páx 147): Laurita está aprendiendo a andar. Ya camina mejor 
VÍDEOS:





RECURSOS EDUCATIVOS:

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/PRIMERO/datos/01_lengua/03_Recursos/02_t/lengua_rdi_trimes_2_t.htm



TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS) 2ª PARTE

TEMA 9 DE "XUNTOS" (LINGUA-C.DA NATUREZA-C.SOCIAIS) 2ª PARTE:

Continuaremos esta semana co tema 9 adicado aos peixes e a auga. Nesta ocasión traballaremos lendas relacionadas coa nosa contorna: "A Ponte de Pontedeume" e a "Lenda da serea das Illas Miranda". Se tes algunha ficha por rematar, podes acabala este días.

 LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:


A ponte de Pontedeume

Un dos señores de Andrade tiña unha filla chamada Minla que andaba moceando cun rapaz do outro lado do río que atendía por Ledán.
Ledán namorado cruzaba a nado o río todas as tardes para ver a súa moza mais nunha daquelas travesías sorprendeuno unha treboada. Lendán morreu afogado diante dos ollos da súa amada, que vía o seu corpo a mercé das ondas sen podelo socorrer. O demo, atento ás desgrazas alleas, achegouse a Minla e ofreceulle axuda:
—Se me dás a túa alma, ao amencer heiche ter feita unha ponte!
A moza aceptou coa condición de que a ponte estivese rematada antes de que cantase o galo do curral dos Andrade.
O demo traballou toda a noite e foi quen de facer case setenta e un arcos de cantería. Ao alborexar cantou o galo dos Andrade e aínda quedaba un arco por rematar.
Así salvou a alma Minla e o demo quedou retorto, pois a dama puido cruzar ao outro lado dando un pequeno chimpo sobre o arco inacabado.

Vocabulario:
  • treboada: Chuvia intensa. Tormenta.
  • amencer: Amanecer
  • alborexar: Cando empeza a abrir o día
  • chimpo: Brinco, salto.

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:

  • Copia o seguinte texto e fai un debuxo da lenda:

Lenda da serea das illas Miranda

As Illas Miranda están na ría de Ares, nas proximidades desta vila da provincia da Coruña.
Son dous illotes, Pequena e Grande, nos que vive unha serea que ás veces vai tomar o sol ás praias de Perbes, Centroña ou ás dos arredores de Ares.

  • Fai unha descrición oral da serea que debuxaches, utilizando os seguintes aspectos:
Corpo: alta, atlética, baixa, delgada, forte…
Cabelo: loiro, negro, castaño, liso, ondulado, recollido, desordenado…
Cara: ancha, estreita, redonda, delgada, alongada…
Ollos: azuis, verdes, grises, marróns, negros, dormiñóns, doces, vivos, tristes…
Nariz: chata, puntiaguda, curva, longa, grande, ancha…
Boca: fina, grosa, grande, pequena…
Pestanas: longas, pequenas, grosas, finas…
Cellas: arqueadas, finas, espesas, rectas, delgadas, pegadas, separadas…
Mans: grandes, pequenas, longas, grosas, finas…
Carácter: amable, alegre,  valente, seria, divertida, aburrida, lista…

DITADOS:
  1.  A miña madriña tróuxome un edredón. 
  2. Ao dragón gustáballe o azucre.
  3. Meu padriño di que non paro de medrar.
  4. Viches o trasno que chegou no tren?
  5. Merquei un traxe e tres garabatas.
VÍDEOS:

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS:

 

  • Alegría (amarelo).
  • Tristeza (azul).
  • Enfado (vermello).
  • Medo (negro).
  • Calma (verde)

 Proposta artística para calmarnos:

Botellas da calma: (Preme no vínculo)

Pódense facer con materiais reciclados (unha botella de plástico vacía, algún xoguetiño que non usen...).

Buscar muñequitos sacudiendo bote con arroz | Artesanías de niños ...

ACTIVIDADES DE MÚSICA, RELIXIÓN E EDUCACIÓN FÍSICA SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


Preme no vínculo para ver as actividades de MÚSICA



ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

Para consultar:

Para ver:


Actividades:
       Canción "Cuaresma"
https://youtu.be/ndYRVAMQodc

Cantos días ten a Coresma?
Que celebramos na Pascoa de Xesús?

. Cuento: Practiquemos los valores
https://youtu.be/EVI6tYMYyjE

Cando nos axudamos, todo se ...
Enumera os nomes dos animais que se acolleron debaixo da seta.

. La Web del Maestro Pedro
https://maestropedro.com





ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA #Eu quedo na casa#
  1. Tarefas de quecemento: Busca difentes maneiras de desprazarte pola casa :
  • saltos cos pés xuntos.
  • agochados en crequenas.
  • coas puntas dos pés.
  • á pata coxa.
  • levantando moito os xeonllos (bicicleta).
  • saltos abrindo e cerrando brazos en cruz.
  1. Practica exercicios nunha escaleira de coordinación como a que ves na imaxe:




Podes fabricala con calquera tipo de material: cinta, corda, tiza ou calquera material que teñas pola casa. A continuación deixo un enlace que che pode servir de exemplo.
Podes utilizala máis adiante como unha mariola para xogar no tempo libre.