26.4.20

PLÁSTICA: MAIOS FEITOS NA CASA

Xa ven o maio e con el a Festa dos Maios que este ano vai ser dende a casa, pero para que non vos esquezades de como a celebramos no cole, máis abaixo tendes o que fixemos o curso pasado, premendo na imaxe da foto dos profes levando o maio de 1º e 2º e 3º
Tamén vos animamos a participar na convocatoria do Concello que vos permitirá traballar flores de cartón, de papel e ata con botellas de plástico. Veredes que divertido!!
Para rematar a canción Ahí Ven o Maio, música de Luis Emilio Batallán e letra de Manuel Curros Enríquez.

COMUNICADO DO CONCELLO

FESTA DOS MAIOS DE PONTEDEUME DENDE A CASA:

A Festa dos Maios é, sen dúbida, unha das nosas tradicións de máis arraigamento.

A exaltación da luz, das flores, da natureza e do autóctono chega a nosa vila todo os anos o día 1 de maio en forma de figuras florais e coplas que enchen a noso Xardín e Alameda de rapazas, rapaces e cores.

Este ano non poderemos festexala coma sempre, pero non queremos deixar de acudir a esta cita tan eumesa.

POR ISO, PROPOÑEMOS A CELEBRACIÓN DO MAIO NA CASA.

Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.

Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.

Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!
E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa. Que a cultura non pare!

Deixamos aquí uns enlaces que poden servir de axuda:

👉 Flores de papel: https://www.youtube.com/watch?v=zp1z9yFy1rA

👉 Flores de cartón: https://www.youtube.com/watch?v=8ppk3BWF63Q

👉 Flores feitas con botellas:
https://www.youtube.com/watch?v=4uP0yAbDE_U
https://www.youtube.com/watch?v=IYkxMK844hM
Construír un castelo con caixas de cartón: https://www.youtube.com/watch?v=X1BK7aULECM
Construír un avión cunha botella: https://www.youtube.com/watch?v=T5kQiJxCkg4

Ánimo a todos e todas!
#pontedeumemaiosnacasa


La imagen puede contener: texto

Premede na imaxe para ver a Festa dos Maios do curso pasado:


No hay comentarios:

Publicar un comentario