31.1.19

ALIMÉNTATE BEN: LÁCTEOS NA ESCOLA

Resultado de imaxes para plan proxecta de alimentación o leite

Desde o pasado día 28 de xaneiro, estamos participando nunha campaña de reparto de leite sen lactosa e "semidesnatada "entre todo o alumnado do colexio.
O leite repartímolo antes do recreo e farémolo durante 20 días, fomentando unha alimentación saudable entre os nenos e nenas e que coman ou beban produtos  coma o leite, as froitas, os froitos secos e os iogures, entre outros.
Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.
O importante do programa e que fai ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe, en colaboración cos compañeiros e compañeiras.
É importante que entre tod@s apoiemos esta iniciativa, por unha alimentación saudable.
BO PROVEITO!!!






30.1.19

DÍA DA PAZ 2019

"Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño". - Mahatma Ghandi - 

 O Día da Paz, celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz e nós  preparamos as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Este ano cantamos e bailamos a canción, "O Mundo é Grande" de Mamá Cabra, pero tamén  traballamos coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ. Para iso fixemos un xoguete tradicional "o zumbador", que podedes ver nas fotos.
Os de 2º e 1º, decoramos o corredor principal cunha pota moi simpática para cociñar a Paz con ingredientes como a amizade, o perdón, as apertas e todo o que nos axude a convivir sen violencia.
Feliz Día da Paz!!!


              














O RELOXO E A NUMERACIÓN

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1327323226/contido/index.html

SUMAS E RESTAS CON LEVADA

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363178512/contido/cuentas_sumaresta.html

20.1.19

ILLA FANTASÍA. NOVO RETO: BUSCAR LUNICORNIOS E VISITA DE TATANKA


Xa comprimos o novo reto de Illa Fantasía e cubrimos os pasaportes dos Lunicornios. Agora recebimos a chegada da Gran Xefa India Tatanka. Foi un encontro impresionante no que aprendimos a súa canción e recebimos o noso agasallo por lograr o reto. Tamén nos entregou o seu pau da Paz, para trasladarnos tranquilidade.