31.1.19

ALIMÉNTATE BEN: LÁCTEOS NA ESCOLA

Resultado de imaxes para plan proxecta de alimentación o leite

Desde o pasado día 28 de xaneiro, estamos participando nunha campaña de reparto de leite sen lactosa e "semidesnatada "entre todo o alumnado do colexio.
O leite repartímolo antes do recreo e farémolo durante 20 días, fomentando unha alimentación saudable entre os nenos e nenas e que coman ou beban produtos  coma o leite, as froitas, os froitos secos e os iogures, entre outros.
Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.
O importante do programa e que fai ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe, en colaboración cos compañeiros e compañeiras.
É importante que entre tod@s apoiemos esta iniciativa, por unha alimentación saudable.
BO PROVEITO!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario