25.5.22

SAÍDA DOS PRIMEIROS AO "MUÍÑO DE PEDROSO"

 A saída as instalacións do Muíño de Pedroso foi moi divertida e os dous primeiros puideron compartir con alegría e converterse nun único grupo, xogando todos xuntos. 

Os obradoiros sorprenderon, especialmente o de facer velas con ósos, utilizando a medula como graxa. Tamén elaborar sales de baño, facer chourizos ou debuxar bisontes con carbón e arxila, como facían os primitivos das cavernas, foi moi interesante.

Despois chegou o momento ao aire libre gozando en equipo do tiro con arco e do xogo do aire terra e auga que gozaron moitísimo.

Parabéns a todas e todos por portárense tan ben!!!

























12.5.22

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O vindeiro 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e no colexio fixemos un vídeo  sobre o tema "Terra" do grupo musical Tanxugueiras, no que participou Infantil e Primaria, aportando un pouco de cada nivel, para reivindicar a nosa galeguidade nunha data tan importante para nós. 
Pola nosa parte, en 1º realizamos este vídeo, que é un pequeno compendio de todo o traballo que fixemos durante días, para recibir ao novo autor do 2022: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Agradecemos moito a todas as familias o voso apoio, engalanando a nenas e nenos. Foi todo un éxito ver as indumentarias, maquillaxe, accesorios.... Insuperable!!! 
A colaboración de familias e colexio é imprescindible para facer un bo traballo e así queda demostrado nas fotos e no vídeo. Grazas polo voso esforzo!!!
Na biblioteca tamén prepararon un material moi interesante para coñecer a obra e traxectoria do poeta, que podedes ver premendo no título: LETRAS GALEGAS 2022

          

           

2.5.22

DÍA DOS MAIOS 2022

Este curso tampouco faltaron os maios, unha tradición que perdura nos tempos en Pontedeume e na que participa sempre o noso colexio.
 O tema que eliximos para cantar ao noso maio foi a "Danza do Biouteiro" co seu "Seresín, Seresán" que tanto nos gusta. 
O esforzo de todos e todas foi recompensado polo Concello co Primeiro Premio na categoría de MELLOR COPLA e o Primeiro Premio na categoría de MAIOS GRANDES, que se logrou co esforzo da profe Sonia de AL e dos cursos de 1º e 2º.
Bo traballo e parabéns!!!!