28.11.17

A MENSAXE DE GÜINO

  Velaí a mensaxe de Güino que fomos ler á biblioteca os de 1º e 2º. Pídenos a nosa axuda para compoñer  "O Gran Libro dos peixes" porque o que tiña gardado na biblioteca, o seu favorito, quedou sen follas. Temos que poñernos a traballar. Non si? Pronto saberemos mais!!!!!









24.11.17

CHEGOU DE ILLA FANTASÍA A GRAN BRUXA BRÚJULA



Quedamos abraiad@s cando vimos entrar a Brújula, a avoa de You You Tube, onde as aulas de primeiro, cargada cunha maleta chea de cousas interesantes, especialmente de compás para sinalar os puntos cardinais. Cando atopamos o Norte o Sur o Leste e o Oeste, entregounos unhas cabezas de dragóns que marcan os puntos e que xa temos colocadas. Ata un faroliño saíu da maleta. Brújula preguntounos si éramos explorador@s e dixemos que si, así que agora temos que traballar arreo. Xa vos seguiremos contando!!!!

























23.11.17

VISITAMOS O MERCADO DA NOSA VILA. "ALÉN DO MAR 2017"


Como este curso temos o PDI sobre o mar: "ALÉN DO MAR", fomos ao mercado da nosa vila para ver como son os peixes de verdade, pois sempre os comemos, pero non sabemos como saen do mar. Tiñamos moita gana de visitalo porque Cristina, a nosa guía e nai dunha alumna do cole, dispuxo unha mesa con diferentes animais mariños dos que nos contou moitas cousas interesantes. Alí vimos as fanecas, as sardiñas, as luras, ata un melgacho, que vive en fondos lamacentos, desde os 25 ata os 400 m de profundidade, que se alimenta pola noite e durante o día permanece en repouso. Tamén vimos nécoras, centolas, sollas e congros.
 Grazas Cristina polo teu esforzo. Agora xa podemos dicir que os peixes veñen do mar. 
Estábamos tan felices que ata cantamos no mercado a canción que estamos preparando para o Nadal e que fala de moitos peixes que vimos alí.





                                                             
                                      As portas das nosas aulas xa van polo mar da nosa ría.











18.11.17

OVELLIÑA DÁME LA

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/o-inverno.html

Xa vai frío e nada mellor que este conto de Kalandra para abrigarnos ben.
 Lede e despois facede as actividades e as adiviñas.




3.11.17

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/preescritura.html



http://www.educalandia.net/alumnos/busqueda_tematica.php?palabra_clave=lectoescritura


PREPARANDO O MAGOSTO



Castañeiro


http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html





Chegou o Día do Magosto, tan tradicional na nosa terra,  que celebramos comendo
 as castañas que con tanto agarimo prepararon Roberto, Suso e Diego. Estaban  riquísimas
e despois xogamos co peón ata que poidemos bailalo. Que ben o pasamos!!!!