21.12.19

NADAL 2019!!


Despois de tanto esforzo, por fin chegou o momento de facer as festas de Nadal, de compartir cos compañeiros e compañeiras momentos de lecer e de recibir as primeiras notas de Primaria. Chegou o momento de mandar as nosas cartas de desexos, cada quen a quen lle pareceu mellor, ao Apalpador, a Papá Noel, ou aos Reis Magos. E por fin chegou o momento das ansiadas e tan merecidas vacacións, por teren traballado todo o trimestre con entusiasmo e gañas de mellorar. Parabéns!!
O profesorado de 1º, o voso Titor de 1ºA, Antón, e a vosa Titora de 1ºB, Graci, vos desexamos que sexades moi felices compartindo en familia estas festas tan especiais e vos trasladamos o noso agarimo. Bo Nadal!!!
OS ENSAIOS
FESTIVAL
ENTREGA DE NOTAS
OS PAXES REAIS RECOLLEN AS CARTAS DE DESEXOS

A FESTA