13.12.19

ILLA FANTASÍA: A CAPITÁ MARIANA NOMEA PIRATAS EN 1ºB

Hoxe tivemos unha visita sorprendente, pois chegou a aula de 1ºB a Capitá Mariana na súa cadeira de rodas, deixándonos abraiad@s coa súa firmeza e seguridade para transmitirnos os retos que temos que facer, como elaborar o Libro Violeta e Aprender a cantar a canción de Isótita. Despois de trasladarnos a importancia do respecto entre compañeiras e compañeiras
 Despois falounos de como se sinten as persoas discapacitadas que, coma ela, andan en cadeira de rodas e teñen un parche nun ollo, porque quedaron sen poder ver por el. Fixemos a proba, e decatámonos das dificultades que acompañan a tanta xente que teñen que vivir cada día con obstáculos que complican a súa vida.
 Seguidamente mostrounos as cartas que lle mandáramos e chamou por Joel, xa que na súa carta presentou a toda a súa familia formada por pescadores e mariscadoras o que lle gustou moito a Capitá Mariana. Aquí tendes o momento tan entrañable do recoñecemento
 E xa despois a Capitá comezou a cerimonia de converternos en piratas, como parte da tripulación do "Stella Maris". Foi un momento moi importante co saúdo pirata.








 Ata sempre Capitá Mariana!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario