10.12.19

GRAZAS POR AXUDARNOS A LER!!

As alumnas e alumnos de 1ºB de E.Primaria, queremos dar as grazas aos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de Primaria, que durante todo este primeiro trimestre, viñeron os martes, á hora de ler, a compartir con nós un conto en galego. 
Esta iniciativa do equipo de EDLG, que facemos no colexio dende fai anos, sempre dá uns resultados moi satisfactorios e gratificantes, grazas ao  esforzo dos rapaces e rapazas, e polo apoio do equipo de Biblioteca que aporta os libros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario