Mostrando entradas con la etiqueta 25Novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25Novembro. Mostrar todas las entradas

30.11.22

EN 2º "UNÍMONOS" AO 25N

No 25 de Novembro, data en que conmemoramos o "Día Contra a a Violencia de Xénero", lembramos sempre que a discriminación das mulleres e a violencia machista, son un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo, coa particularidade de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas. Temos que comprometernos con eliminar os micromachismos, que son fórmulas de violencia cotiá e facer unha educación coeducativa, na escola e na casa, que traballe para que esa violencia tan sutil, que resulta invisible, pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, elimine a violencia de xénero. Saber identificalos é fundamental para combatelos!! 
No noso colexio nesta ocasión traballamos con "UNÍMONOS" e fixemos uns carteis destacando esta data e unhas pulseiras moradas que resaltan a nosa forza para traballar por unha sociedade en igualdade. 
Seguidamente podedes ver un vídeo da famosa canción de: "Déjame" que alumnado e profesorado, bailamos ao ritmo de "Los Secretos" e un traballo feito pola Biblioteca para ilustrar esta data tan importante.

         

25.11.21

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021- 1ºB

Como cada ano, hoxe conmemoramos unha data moi importante para a nosa sociedade e para o noso colexio, o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 
En 1ºB traballamos esta data explicando o significado da violencia de xénero mediante contos como "Maruxa", "O libro dos Porcos" e "Tejón y Tejona", que podedes ver nesta entrada do blog. 
Na aula traballamos un debuxo e tamén participamos coa nosa pegada, na árbore de "Pegadas contra a violencia" elaborado polo Equipo de Biblioteca, todo co obxectivo de que nenos e nenas comprendan que o respecto entre todas e todos, é o único camiño para que eles e elas constrúan unha sociedade mellor dende agora. 






27.11.19

25N 2019

Chegou o día e as alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria participaron con moito interese por facer o baile "Vivir" de Rozalén e Estopa. Aquí podedes ver o video.

 




Para rematar o video coa participación de todo o colexio

22.11.19

PREPARAD@S PARA O 25N 2019


Hoxe rematamos o traballo dos rolos pola igualdade que levan palabras fermosas para superar ese camiño escuro que tantas mulleres recorren para chegar ao abismo dos malos tratos. 
Estes días pintamos de violeta rolos de papel hixiénico reciclados, como xesto de apoio ao medio ambiente, e despois escribimos palabras como "Igualdade" "Solidariedade" "Respecto" "Amizade" "Amor" "Apertas" "Valentía".... que escribimos, coloreamos e pegamos nos rolos, formando un cabo longo que se unirá aos do resto do colexio.
 Polos corredores avanzará o noso desexo dunha sociedade baseada nos valores fundamentais do respecto a da "non violencia", que empeza cas nenas, como mulleres do futuro. É importante darlles espazo, facelas visibles na nosa forma de falar, cunha linguaxe inclusiva e traballar para que nenos e nenas vivan en igualdade, construíndo unha sociedade máis xusta.
Facendo o ensaio xeral no corredor da canción "Vivir"


13.11.19

PREPARANDO O 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O vindeiro día 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional e no colexio faremos unha actividade chea de contido interpretando a canción de Rozalén e Estopa "Vivir". Aquí vos compartimos este tema musical e a letra da canción, para que a vaiades preparando. 

20.11.18

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O  venres día 23 de novembro, celebramos no colexio o 25N , Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e cantamos a canción de Rozalén : La puerta Violeta. Tamén, colocamos na entrada unha gran porta desa cor e con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande para que abra a porta á igualdade e peche a porta da violencia. 

Na Casqueira publicamos tamén sobre esta data e podedes ver uns vídeos de dous libros que denuncian a discriminación e os estereotipos que aínda existen, son os de: "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e a ilustradora Nella Bosnia. 

Premede na porta e xa podedes entrar no blog do EDLG