2.6.19

ILLA FANTASÍA: EXPOSICIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO


Por segundo curso consecutivo, traballamos no Proxecto Educativo de Illa Fantasía, que este ano adicouse aos indios Lakota, á súa cultura e personaxes como Tatanka Ska, que nos acompañou en interesantes aventuras.



Para rematar esta andaina, participamos na exposición do proxecto en Sada, xunto a outros colexios da nosa contorna, onde puidemos mergullarnos nun mundo de fantasía con todas as personaxes da illa cos que nos relacionamos durante estes dous anos. 
Foi impresionante ver o dragón chinés o o tótem de 20 metros que construímos entre todos e todas


A nosa presencia foi importante, pois fomos o grupo máis numeroso de todos os colexios participantes e destacábamos como unha grande marea vermella.


Recibimos o noso unicornio por saber ler e escribir e puidemos falar co mago alfa, encargado de entregalos.


Aquí recollendo os unicornios para toda a clase de mans do Mago Alfa. Foi moi emocionante!!
Para rematar, subiron ao escenario a nosa Directora Ilenia, a Mestre Lydia, Coordinadora de Illa Fantasía do noso colexio e os representantes do Concello de Pontedeume, que nos axudou financiando os autobuses que nos levaron a Sada.
E así rematamos este curso de tantas actividades, no que puxemos o noso nome Lakota e o da nosa tribo, no que fixemos un tipi e un tótem e no que Tatanka nos ensinou cancións e bailes Lakota. 
Agora a esperar ata o próximo curso, para descubrir que novo proxecto nos trae Illa Fantasía. Ata pronto!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario