Estivemos no obradoiro: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, que forma parte do Plan Proxecta de Alimentación e que este ano integramos no PDI do curso: BO PROVEITO!
Foi toda unha novidade comer un bocata saudable a base de mexillóns, de atún e ata de sardiñas, pero é que estaban deliciosos, inda @s que non querían, animáronse a probalos e déronse conta de que hai moito máis que os bocadillos que comemos habitualmente.
Tamén nos regalaron unhas gorras, un chaveiro e un folleto, onde podemos ver os 10 bocadillos máis enerxéticos e Edurne fixo unha gravación cun casco con cámara, que foi moi divertido.
Xa non hai escusa para poñer as pilas ao bocata. Hai que comer san!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario