Onte 16 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, cunha xornada chea de actividades que nos fixeron reflexionar sobre a importancia do galego nas nosas vidas, a través da figura destacada neste 2019: Antón Fraguas
Aquí posamos no Taboleiro da Lingua, para resaltar a este persoeiro tan importante para a nosa terra, a quen agasallamos facendo numerosos debuxos dos seus retratos e da súa obra.
Antón Fraguas
Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de
1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999,
destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo
pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día
das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.
En 1963 foi nomeado
director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San
Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo
Galego.
Outros cargos que
desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a
coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura
Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias,
a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de
Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.
Foi nomeado
Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984
e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o
Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo
en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia;
Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado
fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.Leva o seu nome o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, así como rúas en varias cidades e vilas.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.Leva o seu nome o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, así como rúas en varias cidades e vilas.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desenvolveu, a actividade "Madriñas e Padriños Lectores" no que participou todo o alumnado do colexio, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, coa colaboración do profesorado e, de maneira especial, do Equipo de Biblioteca do centro e dos titores e titoras. O resultado foi fantástico!!
Velaí como gozamos lendo c@s do sexto.
Tamén chegou o momento de recoñecer o traballo dos grupos para rematar o Álbum Bilingüe, organizado polas especialistas de inglés, que correspondeu en 2ºA a Lúa, Noa e Leo e en 2ºB a Mencía, Leyre e Sensén, por teren rematado primeiro.
Os agasallos que recibiron, compártense entre tod@s na clase, así que foi unha festa para tódolos grupos .
A celebración das Letras Galegas, estivo chea de sorpresas e chegou o momento dos premios do "XI Certame de Poesía Couceiro Freijomil", que tanto traballamos nas aulas, e que este curso foi adicado ao Proxecto Documental Integrado elixido: BO PROVEITO!
O nivel foi moi alto e o xurado do Equipo de Biblioteca, tivo moi difícil elixir @s gañador@s entre os finalistas seleccionados.
En 2º tivemos dous grandes representantes cuns poemas marabillosos. Foron Leo de 2ºB e Sensén de 2ºA e o gañador foi Leo.
Parabéns para eles e para tod@s por participaren con tanto esforzo!!
Finalmente rematamos bailando a muiñeira, seguindo @s compañeir@s que participaron nun "Mar de Muiñeiras" en Navantia. Quedou xenial!
Vivan as Letras Galegas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario