10.9.19

COMEZAMOS O NOVO CURSO 2019-2020

Benvid@s ao novo curso 2019-2020, onde comezaremos unha nova etapa en 1º de E.P, con moito interese.

O proxecto no que traballaremos no PDI deste ano é a IGUALDADE e xa andamos a buscar diferentes camiños que nos permitan explorar este tema tan apaixoante.

Xa vos iremos contando!!!!


Por outra banda recordarvos que estamos a piques iniciar a actividade anual liderada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio, denominada "Lemos aos máis pequen@s", e que pon en valor a experiencia do alumnado de 5ª e 6º de primaria que len @s de 1º contos en galego, así que aproveitamos para comentarvos que pronto vos pediremos colaboración aos pais e nais e ás avoas e os avós, para veñades a ler tamén a 1º.

Estamos dándolle forma a esta iniciativa e vos manteremos informados e informadas. Veredes canto vamos gozar con esta colaboración e o gratificante que vos vai resultar.

Resultado de imagen de DEBUXOS DE NENOS E NENAS LENDO

É importante que dispoñamos o antes posible do material escolar, incluídas as fotos, para comezar a traballar. Agradecemos que se tedes algunha dúbida, faledes con nós para solucionala.

Aproveitamos este primeiro contacto co noso blog, para compartirvos o calendario escolar do curso, que permanecerá durante o ano escolar na columna da esquerda. Lembrade que faltan os días de libre elección por parte do colexio e dos que vos informaremos cando estén confirmados.



E para rematar animarvos a que vos fagades seguidores e seguidoras do noso blog e que o consultedes para coñecer as novidades das actividades que facemos.  Tamén podedes traballar os recursos educativos que podedes atopar mediante as etiquetas que aparecen na columna da esquerda co título PESCUDA AQUÍ.
Pronto comezaremos as reunións individuais, mediante as titorías, para manter unha colaboración permanente que favoreza o desenvolvemento de nenos e nenos.
Saúdos 
No hay ninguna descripción de la foto disponible.


  








No hay comentarios:

Publicar un comentario