7.4.19

ILLA FANTASÍA: FACENDO O MAPA DA ILLA

A Gran Xefa India  Tatanka  Ska, veu despedirse antes da festa na que moi pronto participaremos. Trouxo unha bolsa con moitos  obxectos que pertencían aos  personaxes de Illa Fantasía: O bufo  Beto, a meiga Sada, os piratas, a dama  Guardiana, os xemelgos Marco e Cristóbal, o cabaleiro Cortés, a bruxa Analfabeta, o Gobernador, o trasgo Tino e a  dragona dourada.
Por último, fixemos varios grupos para tentar reproducir nunha folla en branco o mapa de Illa Fantasía, para o cal cada grupo víamos por quenda os elementos do mapa e os debuxábamos. O grupo que fixo máis debuxos foi o formado por Cristian, Sensén e Dani Aba de 2ºB, pero todos quedaron moi ben.
Tatanka traía unha cámara de fotos  e quixo que lle fixéramos unha, para que tivéramos un recordo dela.
Ata pronto Tatanka!!!


























No hay comentarios:

Publicar un comentario