19.6.23

PROXECTO FIN DE CURSO DE 2ºB E.P. 2022-2023: VIAXANDO COS ANIMAIS DE AMÉRICA

Despois de traballar arreo durante todo o curso, rematamos esta longa andaina cos animais, percorrendo o continente americano. 
O mapache, o tucano, o can das pradarías, a vicuña, o xaguar, o preguiceiro e o armadillo, foron os guías que nos levaron por eses amplos territorios de selvas. Tamén visitamos as fragas e as costas de América e vimos raias, medusas, quenllas e outros moitos animais que nos encantaron. De todos eles fixemos debuxos e figuras de plastilina, que nos axudaron a coñecelos e a aprender a respectalos no seu entorno natural.
Somos os Couceiristas polo mundo de 2ºB que, cando chegamos a Panamá, quedamos marabillados coa súa cultura, música e alegría. Alí descubrimos as indias Gunas ( tamén chamadas Kunas) e aprendemos con elas a traballar as Molas que confeccionan con teas. 
Panamá significa abundancia de bolboretas e peixes e así o plasmamos nos debuxos das nosas molas.
A visita das nosas familias o día da exposición foi fantástica porque compartimos con elas os nosos traballos e os dos nosos compañeiros e compañeiras. 
Todo o mundo dixo que traballáramos moito!!!!
Xa estamos preparados e preparadas para unha nova viaxe por moitos países do mundo!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario