17.5.20

VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO: A AUTOESTIMA. 2ª PARTE

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
A maior felicidade dunha nena ou neno é recibir cariño e palabras de alento.
-Le este pequeno anaco do conto: "SI TES UN PAI MAGO" de Gabriela Keselman.


A AUTOESTIMA

"Chiqui sempre está contento porque o seu pai é mago e todas as mañás, antes de ir ao cole, dille unhas palabras máxicas. Os compañeiros teñen pais que lles dan moitos consellos como: ten coidado ao cruzar a rúa?, dáche présa ou chegarás tarde?, non esquezas lavarche os dentes?, etc. Por iso están moi intrigados sobre esas palabras máxicas que di o pai de Chiqui. Unha mañá o espían e descobren as palabras: Chiqui, que teñas un día feliz?"

EXPRESIÓN ORAL:

-Unha vez lido o conto inventa palabras máxicas para: un compañeiro-compañeira, teus pais, túa mestra-mestre, o conserxe do colexio, o xardineiro ou as persoas ás que che gustaría decírllelas.

-Na seguinte lámina di oralmente tres cousas que fas ben e tres cousas que fas mal. Despois te podes debuxar como fas ti as tres cousas ben. 


VÍDEOS:
-Este vídeo nos enseña: "El valor de aceptarte tal como eres"!


-Neste outro aprende a recoñecer as túas calidades (cualidades).



-Agora debuxa unha árbore e pon cousas positivas de ti.



No hay comentarios:

Publicar un comentario