3.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 4 ATA O 8 DE MAIO


Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 4 ata o 8 de maio.

En Matemáticas continuamos co repaso trimestral, mediante fichas de reforzo e ampliación con diferentes exercicios de contidos que xa déramos anteriormente. Deixaremos sen facer as partes correspondentes ás moedas, que quedarán pendentes para o vindeiro curso.

En Lingua Castelá e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, continuamos o Tema 10.  

Tamén incluímos Traballando Valores en tempo de confinamento, coa “Tolerancia” mediante o libro: "Vacío",  resaltando que a tolerancia  nos axuda a vivir en paz e a evitar conflitos innecesarios.

Para finalizar, unha actividade moi especial en Plástica, porque aprenderemos como facer un taboleiro de xadrez e a xogar, mediante o taller de Anaya "Ajeduca".

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Os libros do terceiro trimestre e fichas entregados polo Concello, en colaboración con Protección Civil, non deben ser iniciados ata que o vaiamos informando e seguiremos a mesma pauta de traballo que levamos ata agora cos do segundo trimestre. 
Lembrade que segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso e reforzo e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso.

Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil, ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com

Saúdos e moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario