8.5.20

FELIZ DÍA DE BREAMO!!!


COMUNICADO DO CONCELLO DE PONTEDEUME
Hoxe, 8 de maio, é un día moi especial para todas as eumesas e eumeses, no que celebramos a Romaría de San Miguel de Breamo.
Por desgraza este ano a crise sanitaria provocada polo COVID-19 non nos permitirá disfrutala como nos gustaría. Pero non por iso queremos deixar de celebrala, polo que propoñémosvos vivila dende a casa.
A idea é que compartades con nós na xornada, fotografías ou videos facendo referencia á nosa romaría coa etiqueta #breamonacasa, dende imaxes, ata vídeos cantando a túa canción preferida para este día, debuxos, etc.

Podedes subir tamén fotos antigas, lembranzas de romarías doutros anos!
Moito ánimo a todos e todas! E coidádevos moito!
No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario