10.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 11 ATA O 15 DE MAIO

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 11 ata o 15 de maio.

En Matemáticas empezaremos o libro do terceiro trimestre co Tema 11.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, continuamos a 3ª parte do Tema 10.  

Tamén incluímos Traballando Valores en tempo de confinamento, coa “Autoestima” 

Para finalizar, seguiremos cos talleres de Anaya en Plástica, aprendendo como facer un ábaco e contar números ata o 79

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Agradecemos nos mandedes ao correo, unha selección do traballo que están realizando nenos e nenas dende o 13 de abril, data correspondente ao inicio do terceiro trimestre, das materias de matemáticas, lingua castelá, e "xuntos"(lingua galega, ciencias sociais e ciencias da natureza). 

Se tendes escáner, facédeo dese xeito, e senón mediante fotos dos libros, fichas e cadernos, pero en arquivos independentes para poder gardalos.

 Igualmente, se podedes, mandade un breve vídeo lendo o texto: Lectura de: "El viaje de Gulliver" (páx. 148), para valorar os seus avances. 

O obxectivo desta solicitude é axudarvos, e axudarlles, no proceso de reforzo correspondente a esta etapa final de curso. No asunto do correo poñede sempre: ACTIVIDADES DE (nome e apelidos)  DE 1º (A-B). 

Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 


Saúdos e moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario