24.5.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 25 ATA O 29 DE MAIO

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 25 ata o 29 de maio.

En Matemáticas faremos a terceira parte do Tema 11 ata rematalo, deixando as partes correspondentes as sumas levando e as moedas, que abordaremos o vindeiro curso.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, iniciaremos o terceiro trimestre co tema 11.

Traballando Valores en tempo de confinamento, seguirá coa terceira parte de: “Autoestima” 

Finalmente en  Plástica aprenderemos a disfrazar o noso nome, palabras e números.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

Agradecemos a participación no reto que puxemos para celebrar as Letras Galegas 2020. Para @s que faltades, inda estades a tempo de mandar as fotos co debuxo!!

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario