10.5.20

VALORES EN TEMPOS DE CONFINAMENTO: "A AUTOESTIMA"


A autoestima é a capacidade que ten unha persoa para valorarse, respectarse e aceptarse a si mesma tal e como é. Podería definirse tamén como o conxunto de actitudes e pensamentos que unha persoa ten sobre si mesmo. Se eses pensamentos e sentimentos son positivos, teremos unha persoa cunha autoestima alta e equilibrada. Se, pola contra, se adoitan ser de tipo negativo, a persoa terá unha autoestima baixa

LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Le esta carta sobre a autoestima e fai un dos debuxo no caderno ou nun folio. Coloréao.

Querido neno e querida nena:

Estás aprendendo moitas cousas novas, pero para aprender hai que esforzarse. É importante ler todos os días, facelas tarefas que che mande o teu mestre ou a túa mestra, preguntar cando non entendas,… Todo isto servírache para saber moitas cousas e para valorar o esforzo persoal.


Ademais tes que aprender a quererte tal e como es. Non importa o teu aspecto físico, o que de verdade importa, é que sexas unha boa persoa, desta forma todo o mundo te valorará e serás moi feliz.

Mira os seguintes nenos e nenas. Todos son distintos pero quérense tal e como son. Ti tamén tes que quererte para que os demais te queiran. Ánimo!
VIDEOS:



No hay comentarios:

Publicar un comentario