4.2.18
OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO 1º
Nos temas 6 e 7 de Matemáticas temos que aprender os días da semana e os meses do ano e nada mellor que estos temas de Pirilampo e Mamá Cabra para aprendelos en galego e do Monosílabo e de Nícola Cavernícola para castelán. Ánimo!!!
1.2.18
VISITA DE BRÚJULA DE ILLA FANTASÍA
A Gran Bruxa china "Brújula", fíxonos outra visita para contarnos a súa viaxe polo espazo e as actividades que acontecerán na súa pagoda. Como sempre, trouxo na súa maleta unha chea de cousas sorprendentes que nos encantaron.
"Brújula" fixo entrega a Hugo González de 1ºB, dun diploma do Gobernador de Illa Fantasía, no que se lle recoñece como explorador na procura de dragóns, pola súa foto co dragón que apareceu na Alameda da nosa vila.
Hai que seguir adiante cos retos que nos propón "Brújula", exploradores e exploradoras de 1º!!!!
27.1.18
DIA DA PAZ 2018
O DÍA DA PAZ
Aquí vos deixo as fotos e o vídeo do baile da Paz que fixemos no patio do colexio, nun día tan importante para toda a humanidade, e que traballamos cunhas fitas de cores e mensaxes escritos por todo o alumnado, coas que fixemos dúas bandeiras de pregarias tibetanas.
Para rematar a actividade, e como cada ano, ceibamos as pombas mensaxeiras que sempre achega ao colexio a profesora Sabela.
Houbo moitas apertas e bicos de Paz, que desexamos se manteñan sempre.
O NOSO MURAL
En colaboración cos compañeiras e compañeiros de 2º, fixemos este mural tan bonito coas nosas botellas cheas de mensaxes de PAZ. Agora moitos nenos e nenas co colexio están sumándose a esta iniciativa e botan as súas botellas polo mar para que cheguen a todas as partes do mundo. Grazas pola vosa participación!!!
Este curso o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, preparamos o Día da Paz con mensaxes nunhas botellas, para ilustrar o corredor principal do colexio. Para facer esta actividade, temos que decorar a botella e escribir unha mensaxe de paz, positiva, e en galego, nun papel largo, tal e como aparece na imaxe. O papel da mensaxe tamén se pode decorar. Seguidamente pegaremos un extremo do papel na botella e enroscarémolo (pódese recortar o papel se é necesario).
Animádevos!!

21.1.18
OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















