13.10.19

CONCERTO DE CORDA NO COLE

Asistimos a un concerto didáctico no colexio, onde aprendimos as características do violín e do violoncello ou violonchelo. Os nenos e nenas amosáronse moi interesados polas explicacións dos músicos e puideron tocar algunhas notas co violín. Tamén descubriron que se utiliza pelo de cabalo e resinas, para construír os arcos que friccionan as cordas e que son capaces de facer sons. 
Unha experiencia que pode entusiasmar a algúns ou algunhas a estudar música!!!











Aquí podedes ver o proceso do pelo de cabalo (crina) para transformarse en arcos dos violíns e dos violoncellos.

 Las crines pasan por un riguroso proceso de lavado, peinado y selección antes  de ser almacenadas




10.10.19

COMEZA:"LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS E ÁS MÁIS PEQUENAS"


 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca do noso colexio, está a desenvolver un curso máis a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con alumnos  e alumnas de 5º e 6º de primaria, que se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
O obxectivo é favorecer unha relación entre o alumnado máis novo e os maiores do noso colexio, que aportan a súa experiencia na lectura comprensiva e as súas vivencias e goce cun bo libro escrito en galego.
En 1º, foi toda unha experiencia compartir con Cristina e Juan Luis. Grazas aos dous por achegarse onda nós e ler tan ben. Parabéns !!!

                                                                            1ºB


    1ºA       


5.10.19

APRENDER A ATAR OS CORDÓNS DOS ZAPATOS

Botádelle unha ollada a estes titoriais para atar os cordóns dos zapatos e para facer manualidades na casa que facilitan este aprendizaxe que inda teñen pendente moitos nenos e nenas. A dificultade para adquirir esta habilidade, está vinculada ao traballo de exercicios de psicomotricidade fina que facemos no colexio e que é necesario reforzar na casa. Agradecemos a vosa colaboración.


DESCARGA O MOLDE AQUI: https://goo.gl/7taSRj

2.10.19

COMEZAMOS COA "MOCHILA VIAXEIRA"


A "Mochila Viaxeira" permite á biblioteca escolar, e aos titores e titoras, o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.
Cada mochila contén información, normas e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado e familias poderán debuxar, facer comentarios e suxestións.
Os libros que aporta este ano para 1º son de interese polos contidos que tratan e a novidade dos mesmos. 
As nosas mochilas recolléronnas Martín de 1ºA e Lucía de 1ºB
Esperamos a vosa colaboración lendo cos nenos e as nenas.