24.10.19

VOTANDO O NOME DO PDI DO CURSO 2019-2020

Hoxe, Día Internacional das Bibliotecas Escolares, todo o colexio participou na votación para elixir o nome do PDI deste ano, adicado á  "Igualdade". Profes e alumnado participamos nun interesante exercicio de votación, que axuda a que nenos e nenas comprendan o funcionamento do noso sistema democrático. 
Aquí temos a 1º A e B participando con gran interese e emoción, na súa primeira experiencia nas urnas
Parabéns a todos e todas e de maneira especial ao Equipo de Biblioteca que tivo esta boa iniciativa.







































Así foi  escrutinio



E finalmente gañou






FICHAS DE LECTOESCRITURA 1º

Fichas en castelán para imprimir e facer na casa. Axudan a identificar as letras e a seguir o trazo.

23.10.19

FACER UN PORTA-CASTAÑAS PARA O MAGOSTO


Xa estamos a punto de celebrar o Magosto no cole e para facilitar o traballo de pelar as castañas aos nenos e nenas, pedimos a vosa colaboración enviando un porta-castañas feito cun brick de leite.
Por favor forrádeo con papel e poñede a fita para colgalo do colo. 

É importante que o mandedes antes do martes 5 de novembro para organizar todo co tempo suficiente e que o decoren na clase
Deixámosvos as instrucións para facelo. 
Grazas !!

























17.10.19

TRABALLAMOS POLA IGUALDADE


Xa conseguimos cumprir co reto do Encrucillado Temático e co de buscar un nome para o PDI "Igualdade" que eliximos este curso, tal e como nos solicitou Güino fai uns días. 
Estivemos traballando bastante para conseguir bos resultados, que a todos e a todas nos gustaron moito.
Os de 1ºB investigamos a nosa palabra: RESPECTO e os de 1ºA a de COLABORACIÓN. Dúas palabras que forman parte do noso día a día, porque son a base da convivencia.









O vindeiro día 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, todo o alumnado votará nunha urna as propostas que fixemos para o PDI, nun importante exercicio de aprendizaxe democrático. 
 1ºB propón: "Máis Iguais" e 1ºA: "Tod@s Somos Iguais" 
O importante é que nenos e nenas comprendan a importancia do respecto sen discriminación, para seren nun futuro mulleres e homes capaces de convivir sen violencia, creando unha sociedade con valores de igualdade