20.11.22

VISITA DE 2º AO AQUARIUM FINISTERRAE DE A CORUÑA 2022

A visita ao Aquarium Finisterrae, un dos museos científicos de A Coruña, que presenta numerosas especies mariñas á beira do Atlántico e do faro A Torre de Hércules, foi unha experiencia marabillosa!!! Participamos 1º e 2º de Primaria, dentro do Proxecto que traballamos este curso: "COUCEIRISTAS POLO MUNDO". No primeiro ciclo facemos a nosa viaxe da man dos diferentes animais dos continentes que traballamos: Europa para os de 2ºA e América para os de 2ºB.
Entramos no Nautilius do Capitán Nemo, nadamos  coa quenlla Gastón e vimos comer ás focas. 
Xa nos tarda volver!!!!






























12.11.22

FOTOS DE 2ºB DO DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN 2022

 Aquí vos deixo as fotos do Día do Magosto, onde estivemos coas compañeiras e compañeiros de 2ºA comendo as castañas asadas e bailando. Foi un momento moi divertido que puidemos gozar co bo tempo. Despois chegou o máis esperado, pois tras escoitar o "Manifesto", nenos e nenas xogaron cos peóns e participaron cas familias dun encontro fantástico.

Tamén podedes ver a nosa participación na exposición dos peóns, decorados cos animais de diferentes países centroamericanos. Igualmente dispoñedes dun vídeo, onde podedes gozar de diferentes instantáneas de todo o evento.

 A seguir practicando para non esquecer este xogo tan popular, que permite traballar en equipo e fortalecer a amizade.




















            

9.11.22

DÍA DO PEÓN E DO MAGOSTO 2022

Estimadas familias:

Despois de anos volvemos todos e todas a celebrar o "Día do Peón", que terá lugar o vindeiro venres 11 de novembro de 13:00 h a 13:30 h. Para participar no evento, podedes entrar pola porta principal e ir ao patio para gozar do baile dos peóns. Ese mesmo día, e de maneira interna, celebraremos tamén o "Magosto", para iso necesitamos que os nenos e nenas traian mañá xoves 10 de novembro, unha presa de castañas cortadas para asar. 

PORTA-CASTAÑAS PARA 2ºB:

Por outra banda pedimos a vosa colaboración enviando un porta-castañas, feito cun brick de leite, que leve unha fita para colgalo do colo e sexa máis doado que vaian comendo as castañas e botando as cascas sen problema. Aquí vos deixo unhas instruccións para facelo en familia.

Grazas pola vosa colaboración!!!









      




5.11.22

BENVIDOS Á VIAXE DE 2º A

 Os nenos e nenas de 2º A están preparados para comezar esta viaxe. No noso caso coñeceremos Europa a través dos seus animais máis típicos. Xa temos listos os nosos pasaportes de gustos e as nosas maletas. Estades listos? Arrincamos a nosa aventura!!!