18.2.23

ENTROIDO 2023

 Este Entroido 2023 empezou, coma sempre, cos mandadiños de Manolo, que unha vez máis nos acompañou nestas troulas e os de segundo participamos en todo. 

Despois chegou o desfile pola vila, pasando pola Galera, Lombardero, Fonte do Pilón, Praza Real, Praza de España, Saavedra Meneses, Peirao e o Pavillón, onde chegamos para facer a actuación. No percorrido, as familias gozaron vendo a nenos e nenas polas rúas cos seus disfraces tan bonitos.

A actuación foi todo un éxito!!! O tema de María Fumaça co seu Xiqui, Xoque, Fí, Fíu, encheu o pavillón de entusiasmo e ritmo e nenas e nenos de 1º e 2º demostraron o traballo de ensaios de moitos días que deron os seus froitos. 

Xa queda para o recordo de todos e para a historia do noso querido colexio, este día en que partiu un tren para percorrer vales e montañas e chegar a esa estación onde podemos soñar e cantar. 

Bo Entroido!!!




                                        




                  





               
















2.2.23

PREPARANDO O ENTROIDO 2023: 2ºB DISFRACE DE MAPACHE

  Estimadas Familias:

Aquí  vos deixo uns vídeos que vos poden servir como guía para o maquillaxe de mapache, se ben podedes simplificalo segundo vos pareza. Igualmente os da cola por se queredes engadila e darlle máis realismo ao disfrace.

Tamén vos comparto a música do baile e a letra, para que nenos e nenas vaian practicando estes días.

Grazas pola vosa colaboración!

1.2.23

DÍA DA PAZ 2023 2º DE PRIMARIA

 Para celebrar o día da Paz 2023, que como ben sabedes levouse a cabo o pasado 30 de xaneiro, os nenos e nenas de segundo realizamos diversas actividades. 

En primeiro lugar investigamos sobre os distintos idiomas nos que se di a palabra paz e en que países se falaban ditas linguas. No caso de 2ºA tocounos a palabra "FRIEDEN" que está en alemán, idioma oficial de Alemania e doutros países de Europa. Por outra banda a 2ºB tocounos a palabra "PAZ", dita verba pode escribirse dese xeito tanto en castelán como en portugués, idiomas que se empregan en América Central e América do Sur.

A continuación dedicámonos a poñerlle cor un corazón cuxo fondo estaba formado polas palabras que se nos asignaron. Cos nosos corazóns e cos de todo o colexio, as mestras do primeiro ciclo fixeron un corazón xigante.

Por último, entre todo o colexio fixemos un pequeno baile coa canción "Eu teño alguen no meu corazón" de María Fumaça para festexar este día.

PASÁMOLO XENIAL!!!



22.12.22

FESTIVAL DE NADAL 2022 DE 2º DE PRIMARIA

Despois de tantos ensaios e preparacións previas, chegou o día da nosa actuación de Nadal. Todos e todas estivemos moi nerviosos pero á vez moi ilusionados por poder compartir o noso traballo destas últimas semanas con todos vós. A continuación deixámosvos unha recompilación de fotos e vídeos deste día tan especial, agardando que vos guste!!!

Finalmente desexarvos, da nosa parte e das nosas mestras Graci e Claudia, un BO NADAL E FELIZ 2023!!!













              

20.12.22

PREPARANDO EN 2º O NADAL 2022 (2)

 Ao longo deste mes de decembro os nenos e nenas de segundo traballamos o Nadal de diferentes formas: realizando manualidades relacionadas con estas datas, decorando as aulas e mailo corredor e preparando a canción "Este planeta é divertido" de Magín Blanco, para o festival do colexio.

 Pasámolo moi ben argallando todo!!!



5.12.22

REPASO DE RESTAS CON LEVADA

Aquí vos deixamos tres vídeos cos métodos de resta que fomos aprendendo en clase, para que repasedes as restas con levada. Tamén tedes dous cadernos para imprimir con restas de ata 3 cifras.