25.11.21
25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2021- 1ºB
18.11.21
APRENDER A LER E A ESCRIBIR: PRIMEIRO TRIMESTRE 1º
11.11.21
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2021 - 1ºB
2.11.21
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2021, 1ºB
XA TEMOS PDI 2021-2022: ARTE!!!
Despois dun largo proceso, xa temos PDI para este curso, que foi elixido por todo o alumnado co resultado de: "ARTE", temática que nos axudará a camiñar xuntos e xuntas en cada actividade que se desenvolva no colexio. O seguinte vídeo conta todo o proceso que seguimos.
Esperamos que vos guste!!!
28.10.21
CHEGA O SAMAÍN!!!!! VENRES 29 DE OUTUBRO 2021
Mañá venres, 29 de outubro, festexaremos o Samaín e, como outros anos, faremos no cole unha exposición de cabazas.
Os nenos e nenas poderán traelas (de maneira VOLUNTARIA ), xa talladas e decoradas da casa.
Dada a situación sanitaria, e para favorecer as entradas, deberán ser cabazas pequenas que poidan ser transportadas facilmente polo propio alumnado.
Por mor da chuvia, as cabazas serán colocadas no corredor principal do colexio polo nenos e nenas, coa axuda do profesorado de garda. O alumnado que chega en autobús, deberá traela nunha bolsa para favorecer o seu transporte e ao entrar no colexio se lles indicará onde deben poñer as súas cabazas.
Ademais, se queredes, os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa, pero sen complementos que dificulten a desinfección de mans nas entradas e saídas.
Tamén realizaremos a "lectura ás escuras" polo que o alumnado poderá traer unha lanterna de casa, identificada co seu nome.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
