3.7.22

MATERIAL ESCOLAR E CONVOCATORIA DE REUNIÓN CURSO 2022-2023

 Aquí vos deixamos  o listado do material escolar para o vindeiro curso 2022-2023, que tamén permanecerá na columna da esquerda do blog de maneira permanente. Igualmente no mesmo documento que vos axuntamos, engadimos a convocatoria de reunión de principio de curso, que se levará a cabo o martes 6 de setembro ás 11 da mañá nas aulas de 2ºA e 2ºB e que vos detallamos de seguido:

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: INICIO CURSO 2022-2023

Estimadas Familias: 

Convócase a todos os pais e nais do alumnado de 2º EP, a unha reunión que terá lugar o martes 6 de setembro, ás 11.00 horas, nas aulas de 2º A e B, para tratar aspectos relativos ao curso 2022/2023. Ese día traerase todo o material escolar, identificado co nome do alumnado, dentro dunha bolsa co nome de cada neno ou nena. Os libros que se entregarán serán so os do primeiro trimestre e virán forrados, para evitar o seu deterioro, e identificados cunha etiqueta na portada.

Grazas e Saúdos. As Titoras

Por outra banda deixamos o listado dos libros de texto, coa novidade de que este curso o libro globalizado de Pezas, tan solo é necesario mercar para o primeiro e segundo trimestre, xa que no terceiro trimestre traballaremos os contidos mediante o proxecto de PDI elixido polo centro.

22.6.22

FIN DE CURSO 2021-2022

Pechamos este curso cheo de acontecementos, novidades e moito traballo, coa ledicia de ver a nenos e nenas contentos e contentas polos seus logros e por tantas vivencias.

 O máis importante desta etapa da súa vida, é aprender esas habilidades sociais que tanto utilizarán agora e sempre. Valores como a solidariedade, o compañeirismo, a tolerancia e a comprensión, son o camiño que mestras/es e familia, debemos amosarlles para que aprendan que non hai que deixar a ninguén atrás. Cada quen con seu ritmo, tal vez cunhas dificultades en determinadas materias, pero nunca atrás.

Aprender a ler, é un dos acontecementos máis importantes da nosa vida, porque nos abre a porta do coñecemento, e en este curso xa todos e todas iniciaron ese proceso que irán afianzando en 2º, mellorando a comprensión lectora. É bo continuar coa lectura cada día, para non esquecer o aprendido.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita do alumnado de infantil que o curso próximo pasará a primeiro  e que estaban tan temorosos e temorosas, como se foran a universidade. Iso fixo que os de 1º se sentiran moito máis maiores.


Tamén participamos na graduación de 6º, moi emotiva, e que nos produzo unha pouca de tristura por ver marchar a nenos e nenas do noso cole, algúns irmáns, curmáns.... que xa seguirán outra etapa da súa vida.


E chegou o momento da despedida, e inda que nos vamos, é so un "Ata Logo", desexándovos unhas boas vacacións.










20.6.22

SAÍDA Á PRAIA DE CABANAS: V ENCONTRO DE CASTELOS DE AREA

Con moita ledicia, saímos en dirección á praia de Cabanas, para gozar dun encontro escolar facendo castelos de area. Este traballo en colaboración cos catro grupos que se formaron entre 1ºA e 1ºB, deixou unhas torres, aldeas e murallas moi bonitas que aquí quedan plasmadas.

A iniciativa de traballar en equipo, vense realizando dende hai cinco anos coa participación de todo o colexio.                    













13.6.22

PDI: 1º E 2º ADICAN O SEU PROXECTO ANUAL AO PINTOR "LEANDRO LAMAS"

Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego. A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998 e desde entón expuxo en varias cidades de España e Portugal.
 O seu estilo é naïf e caracterízase polo emprego da cor que tanto traballaron os nenos e nenas durante todo o curso, copiando algúns dos seus cadros e utilizando técnicas como o puntillismo entre outras, para colorear as súas láminas.
 En 1ºB fixemos un traballo adicado á súa labor de ilustrador de libros de poesía como o "Xardín de Irene" e "Canta o Cuco", adicado a Manuel María. En 1ºA ilustraron unha poesía de Anisia Miranda e traballaron outra de Miguel Anxo Romero, ambas ilustradas por Leandro.
 Con entusiasmo e esforzo, todos e todas foron consolidando unha obra paralela a do artista, que emocionou a Leandro Lamas cando visitou a exposición de todos os traballos. 
 Tivemos sorte de que nos visitara e dera unha clase de debuxo a 1º e 2º, que deixou marabillado ao alumnado e as profes que participamos. Para rematar, saudou a equipa de dirección e entregámoslle un agasallo pola súa proximidade e valoración dos traballos das nosas nenas e nenos. 
Grazas Leandro!!!!





    
 

















25.5.22

SAÍDA DOS PRIMEIROS AO "MUÍÑO DE PEDROSO"

 A saída as instalacións do Muíño de Pedroso foi moi divertida e os dous primeiros puideron compartir con alegría e converterse nun único grupo, xogando todos xuntos. 

Os obradoiros sorprenderon, especialmente o de facer velas con ósos, utilizando a medula como graxa. Tamén elaborar sales de baño, facer chourizos ou debuxar bisontes con carbón e arxila, como facían os primitivos das cavernas, foi moi interesante.

Despois chegou o momento ao aire libre gozando en equipo do tiro con arco e do xogo do aire terra e auga que gozaron moitísimo.

Parabéns a todas e todos por portárense tan ben!!!