Marabillosa actuación do Mago Daniel para o alumnado de 1º e 2º, que fixo as delicias de todos e todas.
Khadija de 2º B e Martín e Eimy de 2º A, axudaron na actuación do mago e os seus compañeiros e compañeiras aplaudiron sen parar. Gozamos moito!!!
Marcelle Natureza é un parque zoolóxico localizado no municipio de Outeiro de Rei en Lugo. Os animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade.
O pasado día 23 de maio decidimos visitalo para ampliar a nosa información sobre os distintos animais que estamos a traballar no noso PDI, sobre todo centrándonos nos europeos e americanos. Gozamos moito e pasámolo moi ben!!!