Tatanka deixounos novas plumas marabillosas por conseguir os retos que nos puxera na súa derradeira visita e tamén entregounos unha caixa chea flores
5.4.19
4.4.19
BO PROVEITO! MERENDAS SAUDABLES CON MOITA FROITA
Ola Familias! Despois da campaña do leite, agora estamos con merendas saudables a base de froita, tratando de incidir, na medida do posible, nos hábitos alimentarios do alumnado, pois moitos nenos e nenas rexeitan certos tipos de froita, porque non teñen costume de comela e din que non lles gusta. Deste xeito tratamos de que comprendan o valor dos alimentos naturais que teñen vitaminas e minerais, fundamentais para o seu crecemento.
As froitas que recibimos son de gran calidade e os titores de 2º nos ocupamos de partila e lavala, para que a reciban nas mellores condicións, así que vos animamos a que colaboredes con nós, para que os nosos nenos e nenas aproveiten esta oportunidade que nos brindan.
Hoxe tocounos pera, pero outros días temos melón, mazá, mandarina...
Apostemos pola froita!!!
30.3.19
BO PROVEITO! EXCURSIÓN A VILALBA 2019
Interesante excursión a que fixemos a Vilalba, para ver unha granxa de vacas que ten unha produción de leite das máis grandes de Galicia. Alí puidemos coñecer a estes animais elixidos por 1º e 2º, como parte do proxecto Bo Proveito!, en vivo, xa que moitos nenos e nenas, nunca puideran ver a muxidoira automática e gozar con estas vacas leiteiras da raza "frisona".
Unha vez que vimos o leite como produto natural, fomos á queixería Preste, onde se elabora o famoso queixo de San Simón e tamén outros con pemento e doutras especialidades. Esto deunos a oportunidade de ver un produto elaborado do leite: o queixo e descubrir como afuman o San Simón e como teñen queixos en cámaras especiais para maduralos con bacterias. Toda unha experiencia!!
A merenda fixémola na praia fluvial e puidemos gozar dunha bonita paisaxe e dun tempo marabilloso.
Polo camiño aproveitamos para repasar as árbores, os materiais de construción das casas e os traballos dos canteiros co granito nas igrexas así como as características dos lugares por onde pasabamos. Tamén cantamos e nos divertimos moito.
Unha boa oportunidade de levar as aulas ata os lugares reais dos que falan os libros.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)