20.12.18

FESTIVAL DE NADAL 2018


Hoxe e onte foron días de grandes emocións e moitos nervios, porque actuamos para todo o colexio e para as familias, pois había que presentar o traballo que vimos facendo dende hai un mes. 
A coordinación dun grupo tan grande non é doado, pero traballando en equipo e divertíndonos co que estamos facendo, se conseguen actuacións tan fantásticas como a que fixeron esta mañá os nosos nenos e nenas.
A música alegre da Cantiga do Apalpador, e a divertida vestimenta, xunto co baile tan ben interpretado, foi todo un éxito.
Grazas familias polo voso apoio, porque tamén nós, titores, nais e pais, traballando en equipo, facemos posible uns resultados que xa quedarán para sempre nos recordos de tod@s.












O Festival de Nadal foi todo un espectáculo con actuacións de moito nivel, onde a participación de todo o colexio foi moi destacada. Aquí vos deixo unha mostra neste symbaloo, onde podedes ver todas as representacións.
Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!!!





No Blog A Casqueira, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), presentamos un interesante documento sobre o Apalpador con música, recursos educativos e a historia deste personaxe ao que adicamos a actuación do Nadal deste ano.
Premede na imaxe e veredes!!!

https://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2018/12/nadal-2018-o-apalpador.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario